Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 4: Italiano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral B3 Terase en conta a asistencia a clase e a participación activa na aula. Non se adquirirá a puntuación se se produce unha falta de asistencia superior ao 10%. 5
Actividades iniciais A15 B3 Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercicios en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. 20
Proba mixta A15 C6 Proba escrita con preguntas de diverso carácter para avaliar os coñecementos e as competencias adquiridas. 35
Proba oral A15 B1 Avaliaranse os coñecementos así como as competencias relativas ao nivel falado da lingua. 20
Presentación oral A15 C3 Terase en conta tanto a elaboración como a presentación como o grao de corrección lingüística adquirido no nivel oral. 20
 
Observacións avaliación
Cabe a posibilidade de que eventualmente se produza algún cambio nas probas.

Criterios de avaliación: na primeira oportunidade, o alumno ten que cumprir as seguintes condicións:

1. Aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral.

2. Facer polo menos a metade das actividades propostas na avaliación.

Non se terán en conta as actividades entregadas fóra de prazo. Considerarase como Non Presentado aquel alumno que non faga o conxunto das Probas mixta e oral, salvo se realizou o 50% ou mais das actividades propostas.

Na segunda oportunidade se o alumno aprobou o conxunto das probas mixta e oral só terá que completar as actividades restantes. Se o alumno non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que repetilas na sesión de xullo. No caso de non ter feitas ou suspendidas as demais actividades tamén terá que repetilas.

Obterá unha cualificación de "non presentado" quen non realice a proba mixta e, ademais, entregase menos do 50% das actividades do curso.

Ao comezo do curso darase un calendario onde se especifique os días de entrega dos traballos e das diferentes actividades de avaliación.

Os alumnos con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberán presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes