Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 4: Italiano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A15 B3 Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercicios en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. 20
Proba mixta A15 C6 Proba escrita con preguntas de diverso carácter para avaliar os coñecementos e as competencias adquiridas. 40
Proba oral A15 B1 Avaliaranse os coñecementos así como as competencias relativas ao nivel falado da lingua. 20
Presentación oral A15 C3 Terase en conta tanto a elaboración como a presentación como o grao de corrección lingüística adquirido no nivel oral. 20
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación: Na primeira oportunidade, o/a alumno/a ten que cumprir as seguintes condicións: aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral (de non cumprir este requisito, a nota final será un 4). Facer polo menos a metade das actividades propostas na avaliación. Non se terán en conta as actividades entregadas fóra de prazo. Considerarase como Non Presentado aquel/a estudante que non se presente ás Probas mixta e oral. Os exercicios terán que entregarse até o último día de clase. A exposición oral realizarase nas últimas horas da clase (poden ser unha o máis semanas, segundo a cantidade de alumnos. Neste caso realizarase a proba en orde alfabética). Estas datas poden variar. Faranse oficiais nas clases.

Na segunda oportunidade se o/a alumno/a aprobou o conxunto das probas mixta e oral so terá que completar as actividades restantes. Os exercicios poderán entregarse até o día do exame. Non se aceptarán exercicios fora deste prazo. A exposición oral terá lugar o mesmo día do exame. A exposición oral terá lugar o mesmo día do exame. Se o/a alumno/a non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que repetilas na sesión de xullo coas mesmas condicións da primeira oportunidade. No caso de non ter feitas o suspensas as demais actividades tamén terá que repetilas. Ao comezo do curso darase un calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da avaliación.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). 

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" artigo 14).

Os/as alumnos/as con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberán presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o curso. Terán que examinarse nas datas oficiais como o resto do alumnado e entregar ou realizar o resto das actividades nunha data a convir coa profesora.

A materia
poderá ser adaptada aos/ás estudantes que precisaren da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva,
cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o
caso, os/as alumnos/as deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC
/ no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); ou, no seu defecto, coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes