Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 4: Portugués
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Idioma Moderno 4: Portugués Código 613G03060
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia fornece formación de carácter teórico-práctico na descrición e uso instrumental da lingua portuguesa nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe consolidar todas as competencias de usuario independente, encadrado no nivel avanzado (B2), de acordo co "Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas".
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos fixados mantéñense sen alteracións 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Lecturas, Obradoiros, Prácticas através de TIC, Presentación Oral e Traballos Tutorizados. *Metodoloxías docentes que se modifican A proba mixta será substituída por un cuestionario disponibilizado no Moodle da materia As sesións maxistrais serán substituídas por sesións (a)síncronas ou sesións de atendemento através de Teams previamente acordadas co alumnado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle para a disponibilización de materiais e a realización de cuestionarios e actividades Teams, en horarios e formato (síncrono ou asíncrono) acordados co alumnado. Correo electrónico a demanda do alumnado. 4. Modificacións na avaliación As actividades previstas na avaliación (Obradoiros, Presentación Oral e Traballos Tutorizados) serán realizadas en modo non presencial e (a)síncrono. A Proba Mixta será substituída por un cuestionario disponibilizado no Moodle da materia. *Observacións de avaliación: As actividades contempladas neste apartado do guía da materia serán realizadas de modo non presencial e (a)síncrono. O alumnado con dificuldades para o acompañamento da materia durante a vixencia deste plano de continxencia quer por motivos técnicos ou materiais (de conexión a internet, de acceso a computadores, etc.), quer por necesidades ou limitacións persoais de calquera tipo (coidados, conciliación, horarios ou espazos restrinxidos, etc.) deberá contactar co profesor no menor tempo posíbel a fin de seren arbitradas as medidas de flexibilización e adaptación necesarias para a atención de cada caso particular. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes