Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Socioloxía do Turismo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao longo do curso o alumno/a deberá realizar un traballo en grupo sobre un tipo de turismo (a elixir) onde se analizará dende a perspectiva sociolóxica: concepto, breve evolución histórica, variables a analizar dende diferentes paradigmas de estudo e implicacións do estudo. Farase seguemento e control dos traballos tutelados nas titorías.
O traballo está suxeito a exposición oral.


Proba mixta Exame mixto de dúas partes: test e preguntas de desenvolvemento



Sesión maxistral Nas sesións expositivas impartiranse as teorías e fundamentos claves para a adquisición de coñecementos nesta materia.


Estudo de casos Visionado de películas ou audiovisuais que tratan o turismo dende unha perspectiva sociolóxica. Despois da súa análise haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre esta. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios.



Lecturas Análise sobre lecturas que tratan algúns exemplos de casos turísticos dende a vertente sociolóxica. Haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre as lecturas. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes