Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Socioloxía do Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Análise sobre lecturas que tratan algúns exemplos de casos turísticos dende a vertente sociolóxica. Haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre as lecturas. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios.




10
Traballos tutelados A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Ao longo do curso o alumno/a deberá realizar un traballo en grupo sobre un tipo de turismo (a elixir) onde se analizará dende a perspectiva sociolóxica: concepto, breve evolución histórica, variables a analizar dende diferentes paradigmas de estudo e implicacións do estudo. O traballo está suxeito a exposición oral.

20
Proba mixta A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 Exame mixto de dúas partes: test e preguntas de desenvolvemento.

60
Estudo de casos A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Visionado de películas que tratan o turismo dende unha perspectiva sociolóxica. Despois da súa análise haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre esta. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios.




10
 
Observacións avaliación

1ª Oportunidade: a parte práctica de avaliación continua ten un valor dun 40%, a parte teórica (exame) ten un valor dun 60%.

Traballos tutelados, estudo de casos e lecturas son traballos obrigatorios para a avaliación continua (40%) e o alumno/a ten que obter un mínimo de (5 sobre 10) para facer media có exame (60%), no cal tamén deberá obter un mínimo de (5 sobre 10). Gárdase a nota da parte práctica ou do exame para a 2ª oportunidade, no caso de ter aprobada algunha das partes.

2ª Oportunidade: no caso de ser NP ou suspenso  (parte práctica da avaliación continua) na 1ª oportunidade, o alumno/a poderá entregar todos os traballos obrigatorios requeridos para tentar aprobar a materia na 2ª oportunidade.

A nota da parte práctica da avaliación continua (no caso de estar aprobada) gardarase para as seguintes convocatorias de cursos sucesivos ou oportunidade adiantada, pero no caso de que os contidos ou criterios da parte práctica da evaluación continua sexan modificados na guia docente, non quedará gardada a nota, polo que o/a alumno/a deberá revisar a guia docente do curso no que se presenta ou o consultará co o/a profesor/a antes de presentarse ao exame.

O alumno/a obterá a calificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que haxa realizado os traballos da avaliación continua durante o curso (independentemente da oportunidade). 

Asistencia. Permítese unha dispensa de asistencia máxima dun 20%. A partires do 20% as ausencias teñen que xustificarse por motivos de traballo, prácticas, enfermidades ou ter solicitado a dispensa académica de exención de asistencia, de non ser así, pode quedar afectado a porcentaxe da avaliación de ambas as partes

Matrícula parcial ou dispensa académica. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente poderá facer os traballos obrigatorios non presenciais, e facerlos chegar ao profesor/a para a súa avaliación.

Disponibilidade dos idiomas en relación as probas escritas da evaluación: o exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitaráse unha semana antes da data de realización.

Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calqiera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48 do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica alquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11).

Atención á diversidade. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes