Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Xeografía do Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A8 A13 A18 A33 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Cada alumno fará unha presentación oral sobre un país do mundo de acordo con un esquema obrigatorio que se presentará no seminario.l

Modalidade online: Ao longo do curso o alumno terá que realizar un traballo sobre un destino onde se analizará a realidade xeográfica e turística do mesmo . Farase seguimento e control do traballo tutelado. A porcentaxe será do 20%.
30
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 A13 A27 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B4 B5 C4 C5 C6 C7 C8 Proba escrita na que se busca responder preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Farase un minínomo de unha proba ao remate do curso.

Modalidade online: A porcentaxe será do 60%.
40
Análise de fontes documentais A8 A18 A27 B1 B3 B6 Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico

Modalidade online: As dúbidas que xurdan nesta parte serán resoltas nas titorías e no foro. A porcentaxe será do 20%
30
 
Observacións avaliación

Para poder presentarse á proba obxectiva, é obrigatorio superar as probas de mapas. 

Para que as pocentaxes entren en funcionamento e necesario ter obtido cando menos  un cinco (5) en cada unha das partes.


En todos os exames farase unha proba de mapas. Un fallo na dita proba
supón a pérdida de un punto no global do examen.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, solicitada ofialmente facer os traballos obrigatorios non presenciais, e facerlos
chegar ao profesor para a súa avaliación, estes alumnos terán que facer o
examen dun 80% sempre que chegen a un mínimo dun 4 na parte práctica.
No caso de non aprobar os traballos, o exame será sobre a cualificación
dun 100%.

A avaliación será similar na primeira e na segunda oportunidade

En convocatoria adiantada, a proba obxectiva supoñerá o 100% da cualificación

O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva (independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun " NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito, presentado e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo

A detección de plaxio ou falsidade será penalizada cun 0 na materia

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes