Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Introdución ao Turismo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Introdución ao Turismo Código 662G01009
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Lezcano González, Mª Elvira
Correo electrónico
m.lezcano@udc.es
Profesorado
de Carreño de Vicente, Mercedes
Lezcano González, Mª Elvira
Correo electrónico
m.decarreno@udc.es
m.lezcano@udc.es
Web http://m.lezcano@udc.es
Descrición xeral Con esta materia preténdese a aproximación do alumnado ao turismo en todos os seus ámbitos dun modo introductorio. A adquisición dunha cultura turística e a comprensión dos distintos aspectos e organización da actividad dende un punto de vista transversal, son obxectivos básicos a alcanzar no transcurso da mesma e imprescindibles para que o alumnado se familiarice coa realidade turística e a súa terminoloxía.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá cambios nos contidos 2.Metodoloxías • Metodoloxías docentes que se manteñen: Clase maxistral, titorías • Metodoloxías docentes que se modifican: Clase maxistral e titorías impártense de xeito on line. Estas últimas moito máis personalizadas. Todos os materiais estarán a disposición do alumnado na plataforma Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Clase on line (Teams). Manterase o horario de clase. Titoría (Teams e correo electrónico). As que o alumnado precise. 4. Modificacións na avaliación Traballo tutelado 70% Traballo de Principio de Grao. Manteranse ás características do traballo establecidas no inicio do cuatrimestre. 60% traballo escrito 10% defensa Addenda ao traballo tutelado 30% Apartado engadido ao traballo tutelado, que consistirá en explicar a súa relación cos contidos da materia. (Substitúe ao exame presencial) Observacións de avaliación: Elimínase a proba escrita e substitúese por una adenda ao traballo inicial. O traballo tutelado consistía en un documento escrito e unha exposición. Elimínase a exposición e simplemente se fará unha sesión de defensa do traballo, na que o alumnado deberá responder a algunha pregunta proposta pola profesora e referida ao proceso de elaboración do mesmo. A defensa do traballo farase no período de avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía A bibliografía manterase, posto que xa se lles indican nas presentacións moitas referencias on line e dáse o visto bo ao emprego da bibliografía dispoñible na rede. Nas clases e titorías iranse indicando numerosas referencias útiles, que serían excesivas para enumerar aquí.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes