Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Introdución ao Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A7 A14 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. Poderá ter unha parte escrita e outra oral, segundo as indicacións da profesora.
40
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A7 A27 B1 B2 B4 C1 C4 C6 C8 Proba que integra proba de ensaio e preguntas obxectivas.
En canto a proba de ensaio, recolle a análise dun texto relacionado co traballado durante a materia . En canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación
60
 
Observacións avaliación

A asistencia a clase é unha obriga. Só se permite faltar, como máximo, o 25% das horas de clase. Aqueles alumnos que falten máis dese 25%, sempre por causa ustificada aceptada polas normas do centro, poderán sumarse á avaliación arriba citada, acordando coa profesora as datas de exposición que lles convengan e buscando alternativas ao traballo en grupo se esas causas xustificadas impídenlle realizalo.

 Aquelas persoas que superen ese 25% de faltas e non podan xustificalo, deberán entregar os traballos igualmente e aprobalos, pero non computarán na nota final. A calificación obterase a través dunha proba escrita na que se avaliará o 100% da materia.

Todas as probas teñen que superar o 50% da nota, para poder facer o cómputo final

Para o alumnado da Modalidade Docente On line,a avaliación é a mesma. O traballo presentarase e defenderase tanto por escrito como en formato on line, mentres que a proba mixta haberá de realizarse de xeito presencial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes