Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Intermediación turística e transporte I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A22 A24 A32 A33 A34 B1 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C6 Realización dun ou varios traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia. Valorarase: o axuste da presentación ás instrucións; a calidade formal da presentación; a calidade e creatividade dos contidos da presentación; a amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas máis aló das indicadas.

Presentación oral de traballos tutelados. Valorarase: o axuste da presentación ás instruccións, a calidade e creatividade dos contidos da presentación, a amplitude e pertinencia das fontes de información empregadas máis aló das indicadas e a calidade das respostas no turno de preguntas que seguirá á presentación.
35
Análise de fontes documentais A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Análise de fontes documentais (un ou varios estudios publicados en revistas científicas ou do sector turístico que serán facilitado ao longo do cuatrimestre). 15
Proba mixta A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A22 A24 B1 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dunha proba mixta que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia. 50
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación
nas actividades de clase igual ou superior ó 80%:

Os criterios de avaliación son os mesmos
para cada unha das oportunidades de avaliación, incluindo a convocatoria
adiantada.

A nota final da asignatura calcularase da
forma seguinte:

PARTE PRÁCTICA (50%), composta de:


  • Traballos tutelados e análise de fontes documentais con presentación
    oral  daqueles indicados polo profesor

PRUEBA MIXTA (50%):


  • Examen escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos de la
    materia 

Para superar a materia é necesario obter
unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de
avaliación. Parte práctica (composta por traballos tutelados e análise de
fontes documentais con presentación oral daqueles indicados polo profesor)
e proba mixta (examen escrito) 

Os criterios de puntuación
dos  traballos tutelados e análise de fontes documentais con
presentación oral daqueles indicados polo profesor e proba mixta daranse a
coñecer no momento da realización dos mesmos e subministraranse xunto cos
enunciados destes.

A entrega dos traballos tutelados e
análise de fontes documentais realizarase exclusivamente a través da plataforma
Moodle (salvo indicación ao contrario por parte do profesor) e cumplindo coa
data límite de entrega establecida. Serán calificados como "non
presentado" as análises de fontes documentais e de traballos tutelados
entregados fora de prazo ou non entregados. O feito de non acudir a unha
presentación oral implicará tamén a calificación de "non presentado"
dese exercicio. A efectos de cálculo da calificación final da parte práctica
correspondente ós traballos tutelados e á análise de fontes documentais, a non
presentación dalgunha das tarefas penalizará coa resta na nota final da parte
práctica do valor atribuido á mencionada tarefa calificada como non presentada.

Se a calificación final do alumno en primeira
oportunidade na parte práctica da materia é inferior a 5 puntos ( sobre un
máximo de 10 puntos), éste terá que acudir á segunda oportunidade e realizar
novamente a proba mixta (non se conservan as calificacións obtidas na proba
mixta dunha oportunidade para outra) e ademáis terá que realizar novamente
tódolos traballos tutelados e análises de fontes documentais calificados como
suspensos ou non presentados (consérvanse as calificacións das tarefas
aprobados dunha oportunidade para outra). Para superar a materia en segunda
oportunidade, ó igual que en primeira oportunidade, é necesario obter una
puntuación do 50% do peso de cada una das partes obxecto de avaliación: parte
práctica (composta por traballos tutelados e análise de fontes documentais con
presentación oral daqueles indicados polo profesor) e proba mixta (examen
escrito) 

Dado que a materia sigue criterios de
avaliación continua, a asistencia a clase é obrigatoria. Todo alumno que supere
un 20% de faltas de asistencia a clase non xustificadas perderá o dereito a
presentarse ó examen de avaliación final, e terá que presentarse ao mesmo na
seguinte oportunidade.

Os únicos utensilios cos que está
permitido acceder ó recinto da proba son os básicos para contestar ó exame:
lápiz, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora non programable.

Está expresamente prohibido o acceso ó
recinto do examen con: a) teléfonos móbiles ou calquera outro tipo de
dispositivo que permita comunicación a distancia e/ou almacenamento de
información; b) apuntes, anotacións, libros ou material similar que no fose
expresamente autorizado na convocatoria do examen o una páxina web (Moodle) da
materia. A non observancia desta normasupón que se considere como realizada a
proba en fraude e iso con independenciade que quen teña no recinto da proba
tales dispositivos ou material sinalado os empregase ou non no curso desta.

O alumno deberá acreditar a súa
persoalidade de acordó coa normativa vixente.

Segundo establecen as "Normas de
avaliación,revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no
Art. 21.2:Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que,
estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación
que se establecen para o curso académico.

Deste xeito, será cualificado como “Non
presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación
continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou

b) Non se presente á proba do período
oficial de avaliación.

Ademáis, para aprobar a materia
Intermediación I , todos os alumnos deberán pasar un período de formación práctica
de dous meses nunha empresa de intermediación. Estas prácticas poderán
desenrrolarse ao longo do segundo, terceiro ou cuarto curso de xeito
indistinto.

OPCIÓN B

Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece
"Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes
de grao na UDC (Arts. 2.3; 3.b; e 4.5) (29 de maio de 2012).

Alumnado cunha asistencia/participación
nas actividades de clase inferior ao 80%:

Excepto para as datas aprobadas en Xunta
da Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas
acordarase, ó inicio do cuatrimestre, un calendario específico de datas
compatibles coa súa dedicación,motivo polo cal o mencionado alumnado deberá
poñerse en contacto co profesor da materia nos dez primeiros días do
cuatrimestre no que se imparte a materia, coa finalidade de fixar dito
calendario.

Os criterios de avaliación serán idénticos
ós descritos para o alumnado con dedicación a tempo completo (Opción A),
exceptuando o criterio de asistencia a clase que no caso do alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia permítese segundo a normativa una asistencia/participación nas
actividades de clase inferior ao 80%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes