Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno I: Francés
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia e consignas de traballo.
Sesión maxistral As clases maxistrais están orientadas cara á adquisición dos coñecementos linguísticos e culturais necesarios para desarollar as competencias estudadas.
Glosario O alumnado terá que estudar de forma autónoma as diferentes listas de vocabulario que aparecen nas " Situations" estudadas.
Obradoiro Os obradoiros coinciden na sua temporalidade cos temas teóricos aos que corresponden. Neles, practicaranse ben con exercicios gramaticais, ben con frases, ben con prácticas do oral, os temas abordados nas sesións maxistrais.
Traballos tutelados O alumnado terá que realizar unha Cotización dunha viaxe turística e unhas redaccións.
Proba mixta Exame escrito de 1h30 de duración centrado nos coñecementos gramaticais, estruturais e lexicales do alumnado así como nos seus coñecementos acerca das situacións de comunicación que foron abordadas ao longo do curso. O exame constará das seguintes partes : exercicios de gramática, tipo test, tradución do español ao francés na que entrarán o vocabulario e os puntos gramaticais abordados.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes