Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno I: Francés
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Segundo Idioma Moderno II: Francés/662G01029
Segundo Idioma Moderno III: Francés/662G01034

Observacións

 Recomendamos ao alumnado que planifique o seu traballo durante todo o curso, seguindo a materia de forma continuada e realizando puntualmente as tarefas. O continuo esforzo permitiralle levar a materia de forma cómoda, apoiar os contidos novos nos previamente adquiridos e asumir as pautas así como o ritmo de traballo que irá marcando o profesor. Nesta liña, o alumnado deberá facer as frases e os exercicios propostos para a sesión na que se vaian a corrixir. As actividades prácticas están relacionadas coa teoría que se trate en cada momento e, por iso, a súa realización debe ir á vez co estudo desta. O alumnado deberá estudar de forma crítica e selectiva, aprendendo a distinguir os contidos teóricos fundamentais dos exemplos e deberá saber relacionalos. A participación e implicación no traballo colectivo permitiranlle asentar os contidos e desenvolver a súa capacitación comunicativa. O profesor proporcionará ao alumnado as pautas de estudo e traballo e resolverá as dúbidas expostas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes