Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Intermediación Turística e Transporte II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Intermediación Turística e Transporte II Código 662G01021
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Caamaño Franco, Iria
Correo electrónico
iria.caamano@udc.es
Profesorado
Caamaño Franco, Iria
Correo electrónico
iria.caamano@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é describir, detallar e coñecer os elementos principais da xestión de intermediación e distribución dos produtos e servizos turísticos nas axencias de viaxes, de receptivo e especializadas, tendo en conta o espazo no que se desenvolven na actualidade, as infraestruturas, o marco legal, as novas tecnoloxías e os procedementos operativos. Abordarase tamén a organización e xestión dos eventos por parte dos intermediarios turísticos.
Plan de continxencia No suposto caso de que demos continuidade á actividade académica a través da non presencialidade habilitaranse os contidos e sesións previstas a través das plataformas do Campus Virtual da UDC de acordo coas condicións que as posibles Resolucións Rectorais establezan en cada caso. 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se mateñen – Sesión maxistral – Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación) – Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican – Non se realizarán cambios 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dudas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de "foros temáticos asociados aos módulos" da materia, para formular as consultas necesarias. – Teams: en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que teñen asignada a materia. Tamén se utilizará esta ferramenta para as tutorías individualizadas. 4. Modificacións na avaliación – Non se realizarán cambios *Observacións da avaliación: - Para o alumnado de avaliación continua se manteñen as mesmas que figuran na guía docente. - O alumnado de avaliación non continua verá alterada a realización do exame por un traballo que terá que ser enviado en PDF a través de Moodle e defendido de maneira oral. - A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Dispoñen de todos os materiais do traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes