Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Intermediación Turística e Transporte II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia.
35
Presentación oral A13 A24 A33 A34 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C3 Presentación oral do traballos tutelado ou da actividade de aprendizaxe servizo 10
Proba mixta A3 A6 A7 A12 A14 A22 B2 B3 B4 B6 C1 Realización dunha proba mixta que recolla os contidos teóricos dos diversos bloques temáticos da materia. 40
Prácticas clínicas A3 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A26 A33 A34 A35 B2 B3 B6 B7 C1 C2 C3 C5 C7 O alumnado deberá de superar satisfactoriamente un periodo de formación práctica nunha empresa de Intermediación Turística, a cal terá unha duración que se establecerá de común acordo polo responsable da materia e o coordinador/a de Prácticas. Estas prácticas desenvolveranse ao longo do segundo curso ou terceiro de maneira indistinta. 5
Saídas de campo A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A14 A18 A19 A22 A27 A32 C4 C5 C7 C8 As saídas de campo son de carácter obrigatorio e, en ocasións, requerirán preparación por parte do alumnado, segundo as indicacións da docente. 10
 
Observacións avaliación

Os estudantes elixirán ao principio do cuatrimestre se queren avaliación continua ou non continua. A asistencia a clase é obrigatoria. De xeito esporádico pódense facer cuestionarios ou exercicios que servirán como forma de control da asistencia.

No caso de que o estudante elixa a avaliación non continua a proba obxectiva será o exame final. Neste sentido, a nota final calcularase da forma seguinte:

  • Avaliación continua: como aparece descrito no cadro superior: proba obxectiva (40%), contidos dos traballos tutelados coa correspondente defensa oral (55%) e prácticas clínicas (5%). A proba obxectiva ten que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos para facer media co resto. En caso de que o alumnado con avaliación continua non puidese realizar as Prácticas Clínicas por causas non imputables a el, o peso da avaliación recaerá no examen, é dicir, o exame terá un peso do 45%. 
  • Avaliación non continua 
  • Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria: Para o alumnado que non asista/participe nas actividades da clase (estudantes que non acrediten a súa asistencia, polo menos, ao 85% das clases) ou non entreguen algún dos traballos tutelados ou non chegue ao mínimo esixido neles ou non realice (por causa imputable a el) ou non supere satisfactoriamente as prácticas clínicas terá un exame final (100%). O exame final ten que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Os estudantes con avaliación non continua non se poderán presentar á proba ou probas obxectivas da avaliación continua. Para o alumnado de avaliación non continua o exame incluirá unha proba mixta (con preguntas pechadas, de verdadeiro ou falso e preguntas curtas e un apartado de preguntas de desenvolvemento). 
  • Segunda oportunidade da Primeira Convocatoria, e nas oportunidades de ulteriores convocatorias, aplicarase o sistema de avaliación por Proba Obxectiva única (100%), caso de non realizar (por causa imputable ao alumnado) ou non superar satisfactoriamente as Prácticas Clínicas, é dicir, que para superar a materia, precisará obter 5 puntos sobre 10 na proba. Se realizou e superou as Prácticas Clínicas no presente ou precedentes cursos, o peso da Proba Obxectiva será do 95% (9,5 puntos sobre 10) e o das Prácticas Clínicas un 5% (0,5 puntos sobre 10), debendo obterse no conxunto das partes (20% e 80%) unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 para superar a materia.

O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, poderá facer o exame final (100%) e, para aprobar, terá que obter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Este alumnado terá a convocatoria de Xullo como segunda oportunidade (100%). Igualmente, para aprobar, terá que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. 
Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando non se presente ao examen nin teña realizado os traballados da aula. 
Implicacións do plaxio: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".

As instruccións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. 

Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) no seu defecto coa tutoria ADI da Facultade de Turismo.  

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes