Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Aloxamentos e Restauración II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A12 A14 A20 A21 B1 B2 B3 A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. 75
Traballos tutelados A13 A33 A34 B6 B7 C1 C3 Terase en conta na súa valoración: a exposición, a capacidade de recompilación, a capacidade de síntese, a achega persoal, o rigor e a actualización das fontes utilizadas. Tratarase de fomentar o traballo en equipo, polo que o traballo de curso se realizará en grupos de non máis de cinco alumnos. O prazo e o modo de entrega serán de obrigado cumprimento. 20
Prácticas clínicas A6 A12 A13 A14 A20 A21 A33 A34 B1 B2 B3 B6 B7 C1 C3 O alumnado deberá superar satisfactoriamente un período de formación práctica nunha empresa de Aloxamentos Turísticos, cuxa duración será establecida de común acordo polo responsable da materia e o coordinador/a de Prácticas. Estas prácticas desenvolveranse ao longo do segundo curso ou do terceiro de maneira indistinta. 5
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

Opción A (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).- Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (alumnos/as que acrediten a súa asistencia, polo menos, ao 85% das clases) e para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (segundo a normativa aplicable)

1) Traballos tutelados 20%

2) Prácticas Clínicas 5%

3) Proba obxectiva 75%. A Proba Obxectiva, abarcará toda a materia e consistirá na resolución de exercicios breves, responder a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento.

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final obterase da avaliación dos Traballos tutelados, das Prácticas Clínicas e da Proba Obxectiva. No conxunto das partes (20%, 5% e 75%), o alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10. Con todo, non se considerará superada a materia, se nos Traballos tutelados non se obtén un mínimo de puntuación de 0,5 sobre 2 puntos totais, e na proba obxectiva un mínimo de 3 puntos sobre 7,5 puntos totais.

 

Opción B (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).- Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (alumnos/as que non acrediten a súa asistencia, polo menos, ao 85% dás clases) ou non entregue algún dos traballos tutelados ou non chegue ao mínimo de puntos esixido neles, ou non realice (por causa imputable a el) ou non supere satisfactoriamente as Prácticas Clínicas

1) Proba Obxectiva 100%. Dita Proba Obxectiva única (100%), abarcará toda a materia e consistirá na resolución de exercicios breves, responder a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. Esta proba representará o 100% da nota final. O alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.

Caso de que o alumnado entregase os Traballos tutelados, pero non puidese realizar as Prácticas Clínicas por causas non imputables a el, o peso da avaliación será:

1) Traballos tutelados 20% (puntuación mínima esixida de 0,5 puntos sobre 2 totais)

2) Proba Obxectiva 80% (puntuación mínima esixida de 3,2 puntos sobre 8 puntos totais).

  

Na segunda oportunidade da Primeira Convocatoria, e nas oportunidades de ulteriores convocatorias, aplicarase o sistema de avaliación por Proba Obxectiva única (100%), caso de non realizar (por causa imputable ao alumnado) ou non superar satisfactoriamente as Prácticas Clínicas, é dicir, que para superar a materia, precisará obter 5 puntos sobre 10 na proba. Se realizou e superou as Prácticas Clínicas no presente ou precedentes cursos, o peso da Proba Obxectiva será do 95% (9,5 puntos sobre 10) e o das Prácticas Clínicas un 5% (0,5 puntos sobre 10), debendo obterse no conxunto das partes (20% e 80%) unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 para superar a materia.

O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva
(independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun
"NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito, presentado e
exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación

Implicacións do plaxio: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".

Atención á Diversidade:
"A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva,
cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso,
deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos
oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa
Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes