Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  As TIC Aplicadas ao Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A proba obxectiva consistirá no desenvolvemento de varias cuestións de carácter teórico que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 30
Traballos tutelados A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dun informe sobre a reputación online dun hotel, cuxos criterios de avaliación poderán ser consultados na plataforma Moodle.
25
Proba práctica A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación dunha serie de probas ou exames do contido eminentemente práctico da materia.

As probas prácticas non realizadas teranse que repetir na segunda oportunidade, independentemente da media obtida.
45
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

Opción A

Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase, a avaliación considera 3 partes: a) Traballos tutelados, b) Probas prácticas e c) Proba obxectiva. Entenderase que o alumno opta por esta opción ao asistir ás tutorías ou ao entregar algunhas das prácticas ou traballos propostos na clase

Primeira oportunidade

A cualificación final da materia obterase da ponderación das 3 partes xa mentadas: Proba obxectiva (30%), Probas prácticas (45%) e Traballos tutelados (25%)

Aquelas partes que teñan unha cualificación inferior a 4 puntos deberán ser repetidas na segunda oportunidade, independentemente da media obtida (de darse esta situación, e se a media é superior a 5, a cualificación final constará como 4,5).

Terá a cualificación de Non presentado o alumnado que non faga o traballo tutelado e ningunha das probas prácticas e obxectiva.

Segunda oportunidade

O alumno/a quedará liberado das partes xa superadas na primeira oportunidade, tan só terá que repetir as partes indicadas polo profesor no seu momento.

No caso de ter que repetir as probas prácticas, farase un único exame de todos os contidos.

Terán a cualificación de Non presentado os alumnos/as que non fagan ningunha das partes pendentes.

Opción B

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA Ou RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DÚAS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3. b e 4.5) (29/5/212): un exame escrito sobre os contidos da materia (100%). O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá tamén optar á opción A. Só Grao presencial.


Copia y/o plaxio:

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".

Artigo 14 das Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grado e mestrado
 da UDC.


Atención á diversidade:

"A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva,
de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán
contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no
Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes