Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do profesor/a dos temas da materia.

Análise de fontes documentais O analise de fontes documentais (estudos publicados en revistas científicas relacionadas co sector turístico que serán facilitados ao longo do cuadrimestre), traballarase durante os seminarios para a súa posterior avaliación. Forma parte da avaliación continua.

Traballos tutelados Realización de traballos prácticos obrigatorios guiados individuais ou en grupos reducidos sobre diversas técnicas de investigación no sector turístico. No devandito traballo o alumno/a ou grupo terá que planificar/deseñar as técnicas de investigación suxeridas na aula (observación participante, análise de contido, entrevista en profundidade e enquisa) aplicados á situación social e obxectivos empresariais/institucionais da empresa/institución seleccionada, relacionada co sector. Estes traballos forman parte da avaliación continua.


Proba mixta Exame mixto onde haberá unha parte test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de preguntas de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes