Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Fiscalidade Turística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A9 B1 B2 B3 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Consistirá na realización dun exame escrito final e que versará sobre aspectos teórico, prácticos ou teórico-prácticos correspondentes aos temas desenvolvidos nas sesións maxistrais e no estudo de casos. 70
Traballos tutelados B4 B5 C1 C2 C3 C4 Con esta metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, preténdese que os estudantes asuman responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. En torno aos diferentes temas explicados nas sesións maxistrais propoñerase a realización de traballos individuais ou en grupo.Algúns deles recolleranse nas clases para a súa evaluación; outros entregaranse nas datas propostas. 20
Aprendizaxe colaborativa A6 A13 B6 O alumno, en grupo ou individualmente, resolverá os casos prácticos en clase coa axuda do profesor para posteriormente discutir os resultados. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é imprescindible acadar un 4 na proba obxectiva.

Os/as
alumnos/as con dispensa de asistencia académica deberán poñerse en
contacto co profesor para coñecer que traballos deberán entregar ao
final do curso. 

En xullo, o examen será o 100% da nota final. O mesmo sucederá cos alumnos que soliciten a convocatoria anticipada.

Só se considerá como non presentado ás persoas que non realicen o exame final da materia.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva,
cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o
caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos
prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre
académico, coa Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa
tutora ADI da Facultade de Turismo

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes