Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno II: Francés
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia e consignas de traballo.
Sesión maxistral As clases maxistrais están orientadas cara á adquisición dos coñecementos linguísticos e culturais necesarios para a desarollar as competencias estudadas.
Glosario Ademais do vocabulario complementario, o alumnado terá que estudar de forma autónoma as diferentes listas temáticas de vocabulario que aparecen nas " Situations" estudadas.
Obradoiro Os obradoiros coinciden na sua temporalización cos temas teóricos aos que corresponden. Neles, practicaranse ben con exercicios gramaticais, ben con frases, ben con prácticas do oral, os temas abordados nas sesións maxistrais.
Presentación oral O alumnado terá que facer dúas presentacións orais : 1- Presentación detallada e completa do programa do paquete turístico desenvolvido no traballo tutelado. 2- Presentación dun menú de degustación de comida típica do país, dunha rexión ou dunha cidade da viaxe e dun aloxamento turístico.
Traballos tutelados O alumnado terá que realizar o programa completo e detallado dun paquete turístico. As pautas do traballo serán explicadas en clase.
Proba mixta Exame escrito de 2h de duración centrado nos coñecementos gramaticais, estruturais e lexicales do alumnado así como nos seus coñecementos acerca das situacións de comunicación abordadas durante o curso e os traballos realizados. O exame constará das seguintes partes: exercicios de gramática, tipo test, tradución do español ao francés na que entrarán o vocabulario explicado, as estruturas e os puntos gramaticais abordados. Haberá igualemente un exercicio de redacción sobre o traballo tutelado ou as presentacións orais realizadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes