Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno II: Francés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A16 A17 A33 B1 B3 B4 C2 O alumnado terá que realizar o programa completo e detallado dun paquete turístico. 15
Presentación oral A16 A17 A33 B1 B3 B4 C2 Ou alumnado terá que facer dúas presentacións orais:
1- Presentación detallada e completa do programa do paquete turístico.
2- Presentación dun menú de degustación de comida típica do país e dun aloxamento turístico, dunha rexión ou dunha cidade onde levará a cabo a viaxe.
25
Proba mixta A16 A17 A33 B1 B3 B4 C2 O exame estará centrado nos coñecementos gramaticais, estruturais e lexicais do alumno así como nos seus coñecementos acerca das situacións de comunicación abordadas durante o curso e os traballos realizados. O exame constará das seguintes partes: exercicios de gramática, tipo test, tradución do español ao francés na que entrarán o vocabulario explicado, as estruturas e os puntos gramaticais abordados. Haberá igualmente un exercicio de redacción sobre o traballo tutelado ou as presentacións orais realizadas. No exame escrito, o alumnado deberá obter unha nota mínima igual ou superior a 5 para poder aprobar a materia. 60
 
Observacións avaliación
Na convocatoria ordinaria, se o exame escrito está suspenso, a nota final será a do exame escrito.



- Na Convocatoria Ordinaria,co exame escrito aprobado, valorarase a asistencia obrigatoria do alumnado ao longo do cuadrimestre (o alumnado non poderá superar un 10% de faltas con ou sen xustificación). Sumarase 0.5 puntos ou se restará un punto á nota final.

- Para aprobar a materia, o alumnado deberá obrigatoriamente obter unha cualificación final igual ou superior a 5.

- O aprobado da materia estará supeditado, calquera que sexa a convocatoria, á realización das presentacións orais e á entrega dos traballos escritos, aínda que, só puntuarán na convocatoria ordinaria se a proba escrita foi superada.

Observacións para o "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”:
Este alumnado deberá realizar os traballos e as presentacións orais de obrigado cumprimento segundo as pautas marcadas no plan de traballo personalizado e aprobar o exame, non valorándolle a asistencia.


O alumnado que non se presente ao exame, obterá a
calificación de "no presentado", calquera que sexa a convocatoria.

Atención a diversidade: "A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva,
de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán
contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos
oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico,
coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes