Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Traballo Fín de Grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A avaliación da exposición e defensa oral do traballo realizaranse polos membros do tribunal. 30
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A avaliación do traballo escrito realizarase polo/a titor/a. 70
 
Observacións avaliación

7. Avaliación e cualificación
7.1. Para a avaliación, aplicaranse os criterios establecidos na guía docente e o disposto na memoria de verificación do Título.
a) O/a director/a do traballo valorarao mediante o Anexo IV. Este documento será entregado na Administración do centro antes do fin do prazo de presentación de traballos establecido para cada oportunidade.
b) O tribunal valorará a exposición pública do traballo mediante a rúbrica establecida no Anexo V.
c) O tribunal emitirá a cualificación final, que será o resultado da media ponderada da valoración do tribunal (30?%) e da proposta de dirección do traballo (70%). Empregarase o Anexo VI, que será entregado na administración do centro. En caso de codirección, terase en conta a media da cualificación outorgada polas/os directoras/es.
7.2. A cualificación final outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/2003, de 0 a 10, con expresión dun decimal (de ser necesario o redondeo, farase cara arriba), á cal terá que se lle engadir a correspondente cualificación cualitativa:
a) 0-4,9: suspenso
b) 5,0-6,9: aprobado
c) 7,0-8,9: notable
d) 9,0-10: sobresaliente
7.3. Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal
avaliador.
7.4. No caso de a/o estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a
súa posterior avaliación. Enviarase unha copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o Traballo Fin de Grao.
7.5. A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos traballos fin de grao levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da Universidade da Coruña.

Plaxio

Ademais segundo a Lei de Convivencia (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anosda universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; asícomo a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestreacadémico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditadotendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo,realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendimientoacadémico (art. 11).

Atención à Diversidade

A materia poderá ser
adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio
á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou
relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos
disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo no seguinte enderezo
electrónico: sarah.moss@udc.es.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes