Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Interpretación do Patrimonio
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A8 A23 A24 A28 A29 A30 A31 A32 A33 B1 B2 B4 B6 C1 C3 C4 C7 C8 No transcurso da materia a profesora proporá dous traballos individuais, que servirán de reflexión persoal do traballado na clase. Cada un deles computará un 15% da nota final 30
Recensión bilbiográfica A1 A3 A5 A30 A31 A32 A33 A35 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 Todos os alumnos deberán presentar no primeiro mes de impartición da materia unha recensión bibliográfica (a partir dunha ficha de lectura proposta pola profesora) do libro de Freeman Tilden La interpretaciónde nuestro patrimonio" 20
Saídas de campo A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A18 A29 A30 A31 A32 A33 A35 B1 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C7 C8 A asistencia ás saídas de campo é unha obriga e computará o 10% da nota a valoración posterior que os alumnos farán das mesmas 10
Simulación A5 A6 A8 A10 A13 A18 A19 A23 A24 A26 A28 A29 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A metodoloxía denominada Simulación pode ser de dúas tipoloxías, entre as que deberá elixir o alumnado:

1- Prácticas voluntarias consistentes en deseño de visita e guiado

2- Traballo tutelado baseado na planificación interpretativa

O primeiro día de clase explicaránse as dúas posibilades ás que se poderá acoller o alumnado.


40
 
Observacións avaliación

É de grande importancia nesta materia, a asistencia e participación nas actividades desenvoltas no seu transcurso. Trátase dunha materia eminentemente práctica, polo que o traballo continuado do alumnado ten especial importancia. Non existe proba escrita, tipo exame, senón que a calificación obténse dunha suma de traballos e actividades prácticas. Os trabajos han presentarse nas datas indicadas pola profesora. De non ser así, non serán recollidos en entregaranse na oportunidade de xullo.

As persoas que participen na modalidade de "Prácticas voluntarias" non poderán  cambiar de modalidade
unha vez decidida a participación.

-Todas as partes
teñen que ser superadas a lo menos nun 50% para poder facer o cómputo final.
 O alumnado que suspenda calquera delas figurará en actas coa
calificación obtida na parte suspensa, ata que se poda facer o cómputo
final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas. 

 As instruccións
detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e
expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. 

 As saídas de campo, conferencias ou otras actividades son unha obriga e poderán requerir a presentación dunha reseña, que servirá como demostración da asistencia. 

Os anteriores
criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda
oportunidade.

O alumnado que libere
unha parte da materia mediante unha proba parcial, sólo terá validez para o
curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte non consegue aprobar a
materia no seu conxunto, nin en primeira nin en segunda oportunidade, a súa
calificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos
seguintes cursos académicos.

Está prohibido
acceder ó aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con
calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/u almacenamento
de información.

Estudantes con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia :

  - 
Seguirán o mesmo sistema que o alumnado presencial, e deberán realizar os mesmos traballos propostos, seguindo as indicacións da profesora. Ademais, deberá porse en
contacto con ela para  realizar alomenos dúas titorías on line ao longo do
cuadrimestre. 

 

En todas as modalidades, a detección de
plaxio
 ou calquera evidencia de falsedade serán penalizadas co 
suspenso na materia ata a seguinte oportunidade ou convocatoria.

 

O alumnado que non se presente a ningunha das partes propostas na avaliación
aparecerá como NP na acta. De presentarse a calquera delas, aparecerá como
suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou aprobe a parte que falte
para poder facer o cómputo final. 

Pódese dar o caso de que unha persoa suspenda
algunha das partes, pero que a suma co resto dea aprobado. Nese caso a nota
será un suspenso (o suspenso máis alto das que aparezan suspensas), pois para
facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas
sexan superadas nun 50%.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: 
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes