Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Creación e Xestión de Empresas Turísticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 B1 B3 B4 C4 C6 Análise, desenvolvemento e discusión de distintos casos prácticos, ao longo de todo o cuadrimestre.
30
Traballos tutelados A11 A13 B4 B6 B7 C1 C2 C3 Desenvolvemento dun traballo que se realizará ao longo de todo o cuadrimestre con exposición final. Terase en conta na súa valoración: a exposición, a capacidade de recompilación, a capacidade de síntese, a achega persoal, o rigor e a actualización das fontes utilizadas. Tratarase de fomentar o traballo en equipo, polo que o traballo de curso se realizará en grupos de non máis de cinco alumnos, a ser posible. O prazo e o modo de entrega serán de obrigado cumprimento. 30
Proba obxectiva A12 B1 B2 B3 A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. 40
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación considera dúas opcións:

Opción A (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).- Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (alumnos/as que acrediten a súa asistencia, polo menos, ao 85% das clases) e para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (segundo a normativa aplicable)

1) Estudo de casos (individuais ou de grupo) 30%

2) Traballo tutelado 30%

3) Proba obxectiva 40%.
A devandita proba obxectiva, abranguerá toda a materia e consistirá na resolución de exercicios breves, resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento.

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final se obterá do Estudos de casos, do traballo tutelado e da avaliación da proba obxectiva
No conxunto das tres partes (30%, 30% e 40%), o alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.
Non obstante, non se considerará superada a materia, se no Estudo de casos non se obtén un mínimo de puntuación de 1,3 puntos sobre 3 puntos totais, no Traballo tutelado un mínimo de 1 punto sobre 3 puntos totais, e na Proba Obxectiva un mínimo de 1,5 sobre 4 puntos totais

No caso de que o número de alumnos/as fose de 15 ou menos, o profesor/a poderá eliminar a Proba Obxectiva. Neste caso, o peso das distintas partes sería a siguiente:

1) Estudo de casos (individuais ou de grupo) 50%

2) Traballo tutelado 50%

No conxunto das duas partes (50%, 50%), o alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.
Non obstante, non se considerará superada a materia, se no Estudo de casos non se obtén un mínimo de puntuación de 2,5 puntos sobre 5 puntos totais e no Traballo tutelado un mínimo de 2 puntos sobre 5 puntos totais.

 

Opción B (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).- Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (alumnos/as que non acrediten a súa asistencia, polo menos, ao 85% das clases) ou non chegou ao mínimo de puntos esixido no Estudo de casos ou no Traballo tutelado

1) Proba obxectiva 100%
A devandita proba obxectiva única (100%), abranguerá toda a materia e consistirá na resolución de exercicios breves, resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento.

Esta proba representará o 100% da nota final. O alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.

 

Na segunda oportunidade da Primeira Convocatoria, e nas oportunidades de ulteriores convocatorias, aplicarase o sistema de avaliación por proba obxectiva única (100%).

O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva
(independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun
"NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito, presentado e
exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación

Implicacións do plaxio: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".

Atención á Diversidade:
"A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva,
cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso,
deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos
oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa
Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes