Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno III: Alemán
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba oral Ademáis das actividades que se desenvolerán ao longo do curso, nos últimos días terá lugar unha proba oral pública consistente en unha ruta ou presentación dun destino turístico. Trátase dunha proba de caracter obrigatorio, aquelas persoas que non se presenten á proba, obterán a cualificación final de NON PRESENTADO na materia.
Traballos tutelados O alumno deberá realizar exercicios de expresión escrita relacionados con cada un dos temas tratados na aula. O número das devanditas redaccións e a súa extensión serán fixados semanalmente polo profesor.
Seminario Nas aulas teóricas o profesor impartirá os contidos teórico-gramaticais para que o alumnadopoida aplicalos posteriormente no resto de actividades e probas que se desenvolvan ao longo do curso.
Obradoiro Cada un dos temas tratados levará asignadas unha serie de tarefas e exercicios destinados a consolidar e fixar os coñecementos explicados. As devanditas tarefas poderán ser ben orais ou escritas.
Proba mixta Ao final do curso realizarase 1 proba mixta final escrita que constarán de dúas partes diferenciadas:
a.- Exercicios de gramática.
b.- Expresión escrita + Comprensión lectora
Para superar as probas será necesario ter un mínimo dun 4 en cada unha desas dúas partes por separado, en caso de non ser así, a cualificación final da proba non poderá ser superior a 3.5 sobre 10.

Para superar a materia é necesario obter unha cualificación de 4 sobre 10 na proba final.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes