Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno III: Alemán
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A6 A13 A16 A17 A29 B1 B3 B4 B5 B6 C2 C4 A proba oral pública consistirá nunha ruta ou presentación dun destino turístico. Teranse tamén en conta as actividades orais na aula ao longo do curso.
10
Traballos tutelados A13 A15 A16 B1 B2 B3 B4 B6 C1 C2 C3 C5 C6 C8 É necesario ter entregado un mínimo do 80% dos traballos tutelados para que a cualificación destes se teña en conta na nota final da materia.
25
Obradoiro A13 A16 B3 B4 B6 C3 C6 C7 Actividades teóricas e prácticas (contidos gramaticales, léxico, expresión oral e escrita, comprensión oral e lectora, interacción oral)
Inclúe a valoración da asistencia presencial.
5
Proba mixta A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 As probas mixtas constarán de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita +comprensión lectora.

Será necesario ter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes para superala (exercicios de gramática e expresión escrita). De non ser así, a cualificación final da proba non será en ningún caso superior ao 3.5 sobre 10.
60
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

-O alumnado deberá obturen unha calificación igual ou superior a 4 sobre 10 na proba mixta para supera-la materia.

- No caso de non superarse alguna das parte da proba mixta, a calificación final da proba non poderá superar o 3.5/10 e a da materia non pode ser superior ao 4.5 sobre 10.

-O alumnado que non se presente a proba mixta ou a proba oral, será calificado como Non presentado. 

-O alumnado deberá ter entregado un mínimo dun 80% dos trabajos obrigatorios. 

 

SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIA ADIANTADA DECEMBRO:

-A avaliación en segunda oportunidade queda establecida nun 100% polo nota dunha proba mixta.

ALUMNADO CON EXCENCIÓN DE ASISTENCIA

- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grado na UDC  (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)" deberá entregar e facer as mesmas actividades e probas ue o resto do alumnado e na misma data. Poderá establecerse, de ser necesario, outra data para a proba oral.

- A porcentaxe na avaliación das actividades na aula, así coma a asistencia (Obradoiro), sumaranse ao dos Traballos Tutelados, quedando distribuidos ás porcentaxes como segue: Proba oral (10%), Traballos Tutelados (30%), Proba Mixta (60%).

MEDIDAS DE APOIO A DIVERSIDADE (ADI)

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que requira da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. Deberán contactar cos servizos dispoñibles nos prazos oficiais estipulados (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).

Podrán pedir asesoramento ao profesorado, á Titora ADI da Facultade de Turismo e á Unidade de Atención á Diversidade (ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; enderezo electrónico: adi@udc.es)

Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas (emprego de tradutores automáticos para a elaboración de traballlos tutelados, plagio, etc.) serán calificados con 0.

Lembrase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no examen final está totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido quedará automáticamente suspenso independentemente da nota do examen e outras probas.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario" artigo 14.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes