Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Prácticas Externas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A33 A32 A31 A30 A29 A35 A34 A27 A26 A25 A24 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A7 A6 A4 A3 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A avaliación da materia "Prácticas en Empresas" farase tendo en conta tres INDICADORES DE AVALIACIÓN que servirán para baremar o rendemento conxunto para os efectos de avaliación e cualificación final:

Memoria de Prácticas a Presentar polo alumno 35%
Informe Final do Titor de Empresa 60%
Informe do Titor Interno 5%
100
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS

É unha ponderación das cualificacións das diferentes actividades que cada un dos titores (interno e de empresa) programan en función das súas competencias.

A cualificación final conxunta é tomada polo Titor interno que a somete á consideración definitiva do a Comisión de Prácticas, onde se decide colexiadamente, avalando ou, no seu defecto, revisando a devandita cualificación.

Trátase de avaliar no alumno o nivel de profesionalización adquirido ao longo do desenvolvemento das súas prácticas na empresa ou institución.

A Avaliación das Prácticas será un proceso continuo que se desenvolverá dende o comezo do período de prácticas ata a súa finalización, cunha supervisión e seguimento espazado no tempo por parte do Titor Interno e cun seguimento diario e máis próximo por parte do Titor Externo. Para iso planifícase un cronograma lóxico e flexible dos momentos da avaliación, susceptible de poder ser modificada sobre a marcha, pero sempre manter unha atención constante á avaliación do proceso de aprendizaxe.

1.- INDICADORES DE AVALIACIÓN

2.- CUALIFICACIÓNS

3. -CONVOCATORIAS E CALENDARIO

4.- REVISIÓN DA AVALIACIÓN

5.- CASOS NOS QUE A MATERIA SE SUSPENDE

6. -INTERRUPCIÓN DAS PRÁCTICAS

7.- RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DE PRÁCTICAS

1.- INDICADORES DE AVALIACIÓN

A avaliación da materia "Prácticas en Empresas" farase tendo en conta tres INDICADORES DE AVALIACIÓN que servirán para baremaro rendemento conxunto para os efectos de avaliación e cualificación final:

1.1. Memoria de Prácticas a Presentar polo alumno 35%

1.2. Informe Final do Titor de Empresa 60%
"INTRUCCIONES PARA A CONFECCIÓN DA MEMORIA DE PRÁCTICAS"
1.3. Informe do Titor Interno 5%

1.1. Memoria de Prácticas (35% )

Instrumento que permite ao titor interno coñecer o grao de profesionalización do coñecemento teórico alcanzado polo alumno durante o seu período de prácticas a través da aprendizaxe.

Para a avaliación da Memoria de Prácticas teranse en conta os seguintes aspectos:

- Cumprimento dos obxectivos de aprendizaxe da materia

- Forma e presentación do documento de memoria

- Contido e calidade desta

- Documentación achegada


Para a entrega da  Memoria de Prácticas debe adjxuntarse cuberta e asinala a folla "Entrega Memoria" (Anexo nº IX)  


1.2 Informe Final do Titor de Empresa (60% avaliación) (Anexo n.º VI) 

É un instrumento de seguimento sobre a acción das prácticas do alumno na empresa, o cal realizará o Titor de Empresa sobre a base dos informes parciais (Anexo n.º VII) de seguimento de cada alumno e que deberá entregar o mesmo día de finalización das prácticas.

1.3 Informe do Titor Interno (5% avaliación) é un instrumento de supervisión no que se ten en conta os seguintes aspectos:

- Asistencia do alumno ás reunións informativas sobre a materia

- Asistencia ou contacto mensual coa Titora de Prácticas Interna

- Entrega en tempo, forma e contido dos informes de avaliación mensual do alumno (anexo n.º III) 
- Desenvolvemento global das prácticas do alumno

- Actitude de colaboración coa EUT

- As observacións e conversacións sobre o alumno mantidas cos titores externos

- A entrega en tempo e forma da Memoria de Prácticas.

2. CUALIFICACIÓNS: Suspenso (0-4,9), Aprobado (5,0- 6,9), Notable (7,0-8,9), Sobresaliente (9,0-10)

3. CONVOCATORIAS E CALENDARIO PRÁCTICAS: os alumnos serán avaliados nas convocatorias ordinarias do curso académico en vigor (xuño e xullo). 

CONVOCATORIA DE XUÑO:

- Período de prácticas: 15 semanas consecutivas durante o segundo cuatrimestre finalizando antes do día 1 de xuño do curso académico en vigor.


CONVOCATORIA DE XULLO:

- Período de Prácticas: 15 semanas consecutivas durante o segundo cuatrimestre finalizando antes do día 1 de xullo do curso académico en vigor.

OUTRAS DATAS:


O alumno que así o solicite, pode modificar o calendario de realización de prácticas anteriormente detallado, pero debe someterse en todo momento ao calendario académico no que se refire a matrículas, convocatorias e datas de peche de actas.

O alumno que, matriculado na materia "Prácticas en Empresas" non realice ou finalice o seu período de formación no curso académico ao que fai referencia a súa matrícula, recibirá a cualificación de NON PRESENTADO.

En caso de desacordo será a Comisión de Prácticas a que asigne as datas definitivas e decida a data da convocatoria na que o alumno será avaliado.

Interacción con outras materias:

- Se o alumno modifica o calendario de realización de prácticas e este período coincide coa data de defensa do seu traballo Fin de Grao, debe solicitar na empresa, con suficiente antelación, os días libres necesarios. En caso de desacordo debe poñerse en contacto coa Titoría de Prácticas da EUT.

4. REVISIÓN DA AVALIACIÓN:

- O alumno ten dereito á revisión da súa nota na materia "Prácticas en Empresas"

- O prazo de revisión de avaliación será comunicado no momento de facer pública a lista de cualificacións da materia

- A Comisión de Prácticas será a encargada de realizar a revisión

5. CASOS NOS QUE A MATERIA SE SUSPENDE:

- Se se rexeita a adxudicación do centro de prácticas por dúas veces.

- Cando se incorra en calquera dos casos considerados como faltas graves

- Se se abandonan as prácticas por motivos inxustificables, independentemente do número de horas realizadas.

6.- INTERRUPCIÓN DAS PRÁCTICAS:

Considérase|Contémplase o caso de que un alumno se vexa obrigado a interromper a realización das súas prácticas, de xeito xustificado, por diversos motivos: saúde, accidentes, cuestións familiares etc.

Nestes casos a Comisión de Prácticas resérvase o dereito de solicitar a documentación médica ou legal necesaria co fin de xustificar os datos alegados polo alumno.



A Comisión de Prácticas estudará detidamente cada caso para determinar:

- Se o alumno pode continuar coa súa formación pasado un tempo, na mesma empresa

- Se o alumno continúa coa súa formación noutro centro.

- Se non é necesario que o alumno continúe a formación

- Se se computa o número de horas realizado ata o momento da interrupción e se descontan do período seguinte ou

- Se é necesario que o alumno debe comece dende o principio a súa formación práctica.

7.- RECOÑECEMENTO DOS CRÉDITOS DE PRÁCTICAS:

Para a transferencia e recoñecemento de créditos
se seguirán as indicación do R.D. 1393/2007
de 29 de outubro modificado polo R.D. 861/2010 de 2 de xullo, sobre Organización
das Ensinanzas Universitarias Oficiais e a Normativa de recoñecemento e transferencia
de créditos para titulacións adaptadas o espacio europeo de educación superior da UDC.

7.1. CIRCUNSTANCIAS DE RECOÑECEMENTO:

Os créditos da materia Prácticas en Empresa só poderanse recoñecer cun contrato de traballo relacionado co sector turístico, sempre e cando este contrato se axuste en período de duración, número de horas e analoxía de funcións ás condicións descritas con anterioridade. O devandito contrato de traballo pode estar vixente ou puido finalizar.

En ningún caso ser recoñecerán como créditos os períodos de prácticas realizados polo alumno con anterioridade, fosen realizados de xeito voluntario ou obrigatorio.

7.2. DOCUMENTACIÓN

Para facer efectiva a validación os alumnos deben entregar a seguinte documentación:

- Solicitude de Validación de Prácticas (Anexo n.º VII) 

- Fotocopia do Contrato de Traballo

- Vida Laboral

- Documento no que se describan detalladamente as funcións e tarefas que o alumno realiza ou realizou no seu posto de traballo.


7.3. APROBACIÓN DO RECOÑECEMENTO

.Unha vez entregados todos os documentos, será a Comisión competente a que aprobe ou denegue el
recoñecemento de créditos, sendo en todos os casos un recoñecemento sen
cualificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes