Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións / High Performance Computing (Mod. Presencial)
 Asignaturas
  HPC na Nube
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) HPC na Nube Código 614473106
Titulación
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións / High Performance Computing (Mod. Presencial)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Correo electrónico
xoan.pardo@udc.es
Profesorado
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Correo electrónico
xoan.pardo@udc.es
Web http://aula.cesga.es/courses/MASTERHPC7
Descrición xeral Desde fai varios anos, o uso de arquitecturas de computación paralelas foi un aspecto fundamental que permitiu o desenvolvemento de importantes áreas en múltiples campos da ciencia básica e aplicada. Con todo, o elevado custo dos sistemas paralelos tradicionais limitou o seu uso practicamente a grandes industrias e centros de investigación. Hai tempo que o uso de redes de computadores de baixo custo, así como a computación usando infraestruturas conectadas a través de Internet, representa unha alternativa práctica e barata aos grandes sistemas. Así, a Computación na Nube (Cloud Computing) xurdiu como un paradigma de computación distribuída que cambia o modo no que usamos os computadores, permitindo o acceso transparente, seguro e barato a enormes recursos computacionais desde calquera lugar do mundo. O obxectivo principal desta materia é dar a coñecer o modelo de Cloud Computing, e como o mundo da Computación de Altas Prestacións pode utilizar o cloud para afrontar problemas que, ata o momento, estaban restrinxidos á súa resolución en grandes supercomputadores. Veranse diferentes exemplos de como é posible resolver problemas do ámbito da Computación de Altas Prestacións utilizando servizos e recursos distribuídos accesibles na nube.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizaron cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. A materia xa está deseñada para permitir tanto o seguimento presencial coma o seguimento a distancia, polo que non require modificacións para a súa adaptación a unha situación de non presencialidade. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Comunicación asíncrona baixo demanda (correo electrónico, mensaxería instantánea, videochamada) Comunicación síncrona semanal nos horarios de docencia oficiais ou, excepcionalmente, en horarios acordados previamente co alumnado (videoconferencia) Aloxamento dos contidos do curso (materiais, vídeos, bibliografía, foros, etc.) nunha plataforma de teleformación con actualización típica semanal En cada caso usaranse as ferramentas apropiadas que sexan recomendadas pola coordinación do mestrado (p.e. Teams, Slack, Moodle, Aula Cesga, Stream) 4. Modificacións na avaliación Ningunha *Observacións de avaliación: Mantéñense os mesmos criterios e porcentaxes de avaliación indicados na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizaron cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes