Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2019)
 Asignaturas
  Modelos de Probabilidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A16 A19 A21 A23 B2 B3 B4 B19 C13 Realizarase unha proba intermedia consistente na resolución dunha serie de problemas dos temas 1, 2 e 3 cunha cualificación máxima do 20%. Aqueles alumnos que non obtivesen o máximo do 20% da nota correspondente a esta parte poderán recuperar a parte faltante ao realizar o exame final da materia. 20
Proba de resposta múltiple A16 A19 A21 A23 B2 B4 B17 B18 B21 C11 C13 Realizarase unha proba de reposta múltiple ao final do curso que permitirá coñecer de forma obxectiva e individual os coñecementos adquiridos por parte do alumno. As preguntas versarán tanto de aspectos teóricos como prácticos, sendo posible que algunhas das cuestións se refiran ao manexo de software estatístico, polo que para a súa realización sería necesario que os alumnos dispuxesen dun ordenador. Esta proba tendrá un valor entre o 80% e o 100% dependendo da calificación obtida na proba intermedia. 80
 
Observacións avaliación

A cualificación final procederá ao 20% da avaliación continua, que consistirá na realización dunha proba intermedia acerca dos temas 1, 2 e 3 da materia. Aqueles alumnos que non obtivesen o máximo do 20% da nota correspondente a esta parte poderán recuperar a parte faltante ao realizar o exame final da materia. 

No exame final, o alumnado será avaliado mediante un exame teórico/práctico que se realizará ao final do curso cun peso na nota final de entre o 80% e o 100%, dependendo da cualificación obtida na proba intermedia. 

Na segunda oportunidade de avaliación, as notas obtidas por avaliación continua mantéñense e o alumnado só ten que repetir o exame final que será do mesmo tipo e co mesmo peso na nota final que na primeira oportunidade.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avialiación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia.

O sistema de avaliación no caso de dispensa académica será igual que o descrito neste apartado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes