Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2019)
 Asignaturas
  Control Estatístico da Calidade
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Control Estatístico da Calidade Código 614493114
Titulación
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2019)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
javier.tarrio@udc.es
Profesorado
Naya Fernandez, Salvador
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
salvador.naya@udc.es
javier.tarrio@udc.es
Web
Descrición xeral O control estatístico da calidade e a rama da estatística tradicionalmente ligada á industria e á empresa que inclúe todas as técnicas e metodoloxías estatísticas desenvolvidas para o mantenemento e mellora da calidade dos procesos que dan lugar aos productos e servizos. Entre as técnicas máis utilizadas, destacan os gráficos de control, a análisise de capacidade de procesos, todas aquelas ferramentas relacionadas co deseño de experimentos e os modelos de fiabilidade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se modificarán os contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As metodoloxías docentes expostas nesta guía utilizaranse independentemente do grao de presencialidade baixo o que se imparta a materia, entendendo clases presenciais aquelas realizadas desde a aula de videoconferencia, mentres que as non presenciais serán aquelas levadas a cabo mediante programas como Microsoft Teams. *Metodoloxías docentes que se modifican Non se modifica ningunha metodoloxía docente. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramentas: Microsoft Teams e correo electrónico. Temporalización: Microsoft Teams utilizarase en horario de clases, ademais de en horario de titorías. O correo electrónico servirá de medio para resolver dúbidas e para o intercambio de ficheiros e información en xeral. 4. Modificacións na avaliación Así mesmo, o procedemento de avaliación de CEC tampouco necesitará ningún tipo de modificación, tendo en conta que xa se proporciona a alternativa de que se realice na súa totalidade a partir da entrega de traballos por parte dos alumnos. *Observacións de avaliación: Solicitarase a entrega de dous traballos prácticos relacionados coa aplicación de ferramentas con Control Estatístico de Calidade a datos reais ou simulados mediante o software estatístico R (a avaliación destes traballos se corresponderá cun 60% da nota global), seguindo as metodoloxías impartidas nas clases prácticas a través de TIC. O outro 40% da cualificación global corresponderase co exame final da materia (realizaríase mediante medios telemáticos en modo síncrono), proba tipo test de entre 15 e 20 preguntas. Alternativamente ao exame, o alumno poderá ser avaliado do outro 40% da cualificación global mediante a entrega dun traballo final que poderá ser (1) de revisión e ampliación dos diversos temas impartidos na materia, ou (2) de programación en R de algunha metodoloxía do Control Estatístico da Calidade, ou (3) da aplicación práctica dos coñecementos impartidos a un caso de estudo real ou simulado, ou mesmo (4) un traballo de análise de bibliografía (artigos de referencia relacionados coa materia) ou software vinculado a este eido da estatística. Segunda oportunidade: Aplicarase o mesmo procedemento de avaliación que na primeira oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes