Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2019)
 Asignaturas
  Series de Tempo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Series de Tempo Código 614493123
Titulación
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2019)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Aneiros Perez, German
Correo electrónico
german.aneiros@udc.es
Profesorado
Aneiros Perez, German
Correo electrónico
german.aneiros@udc.es
Web http://eio.usc.es/pub/mte/
Descrición xeral Preténdese modelizar o comportamento dunha serie de observacións dunha variable tomadas secuencialmente ó longo do tempo. Para iso, utilizaranse modelos estatísticos paramétricos. Estes modelos permitirannos comprender a dinámica da serie, así como predecir os seus futuros valores. A metodoloxóa utilizada será ilustrada a través da súa aplicación a datos reais, para o que se fará uso do paquete estatístico R. O manexo de dito paquete no contexto específico das series de tempo será aprendido ó longo do curso.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse todas as metodoloxías docentes (sesión maxistral, prácticas de laboratorio, probas de resposta múltiple, probas prácticas), si ben en lugar de impartirse/realizarse en modo presencial farase en modo virtual (síncrono). *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha (salvo o cambio "modo presencial" a "modo virtual (síncrono)") 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado As clases impartiranse, a través de MS Teams ou similar, en modo virtual (síncrono). As dúbidas que se lles presenten aos alumnos durante ditas clases trataranse de resolver instantáneamente. Os alumnos poderán concertar co profesor titorías para ser atendidas vía MS Teams ou similar. Tamén poderán consultarlle dúbidas a través do correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación Non haberá modificacións na avaliación, salvo que esta realizarase en modo virtual síncrono utilizando MS Teams ou similar, e tamén o correo electrónico. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non haberá modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes