Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2019)
 Asignaturas
  Aprendizaxe Estatístico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B17 B18 B19 B20 B21 C11 C12 C13 C14 C15 Ao longo do curso, o alumno demostrará o seu interese e dominio da materia, e a súa capacidade de traballo en equipo, mediante a realización de traballos, individuais ou en grupo. A cualificación obtida conservarase entre as dúas oportunidades da convocatoria de cada curso 50
Proba mixta A16 A17 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B17 B18 B19 B20 B21 C11 C12 C13 C14 O exame final consistirá nunha proba escrita teórico-práctica 50
 
Observacións avaliación
Na data que estableza o Máster de Técnicas Estatísticas na súa programación anual, o alumno realizará, por escrito, o exame final da materia (proba mixta), no que terá que responder a preguntas teóricas, resolver cuestións teórico-prácticas, e calcular a solución de diversos problemas. Para esta proba o alumno só poderá levar consigo o material que se autorice de forma expresa.

Para aprobar a materia será necesario superar as dúas partes (prácticas a través de TIC e proba mixta). 

A oportunidade de xullo (segunda oportunidade) estará sometida aos mesmos criterios que a de xaneiro (primeira oportunidade). Os alumnos que se presenten á segunda oportunidade poderán optar entre manter a nota de prácticas a través de TIC ou volver examinarse tamén desta parte.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes