Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2011)
 Study programme competences


TypeA Code  
  Compound
  AC1 A adquisición dos coñecementos de estatística e investigación operativa necesarios para a incorporación en equipos multidisciplinares pertencentes a diferentes sectores profesionais.
  AC2 Capacidade para comprender, formular, formular e resolver aqueles problemas susceptibles de ser abordados a través de modelos da estatística e da investigación operativa.
  AC3 Coñecer as aplicacións dos modelos da estatística e a investigación operativa.
  AC4 Coñecer algoritmos de resolución dos problemas e manexar o software axeitado.
  AC5 Modelar a dependencia entre unha variable resposta (dependente) e varias variables explicativas (independentes).
  AC6 Realizar inferencias respecto aos parámetros que aparecen no modelo.
  AC7 Tratamento de datos e análise estatística dos resultados obtidos.
  AC8 Capacidade de identificar e resolver problemas que requiran o uso de técnicas da análise de series de tempo.
  AC9 Obter os coñecementos precisos para unha análise crítica e rigorosa dos resultados.
  AC10 Complementar a aprendizaxe dos aspectos metodolóxicos con apoio de software.
  AC11 Adquirir destrezas na formulación e resolución de problemas cuantitativos.
  AC12 O estudante será capaz de comprender a importancia da Inferencia Estatística como ferramenta de obtención de información sobre a poboación en estudo, a partir do conxunto de datos observados dunha mostra representativa desta. Para iso deberá recoñecer a diferenza entre estatística paramétrica e non paramétrica.
  AC13 Ser capaz de manexar diverso software (en particular R) e interpretar os resultados que proporcionan estes nos correspondentes estudos prácticos.
  AC14 Soltura no manexo da teoría da probabilidade e as variables aleatorias.
  AC15 Fomentar a sensibilidade cara aos principios do pensamento científico, favorecendo as actitudes asociadas ao desenvolvemento dos métodos matemáticos, como: o cuestionamento das ideas intuitivas, a análise crítica das afirmacións, a capacidade de análise e síntese ou a toma de decisións racionais.
TypeB Code  
  Job guided
  BJ1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BJ2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  BJ3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  BJ4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  BJ5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
  BJ6 Capacidade para iniciar a investigación e para participar en proxectos de investigación que poden culminar na elaboración dunha tese doutoral.
  BJ7 Capacidade de aplicación de algoritmos de resolución dos problemas e manexo do software axeitado
  BJ8 Capacidade de traballo en equipo e de forma autónoma
  BJ9 Capacidade de formular problemas en termos estatísticos, e de resolvelos utilizando as técnicas axeitadas
  BJ10 Capacidade de identificar e resolver problemas
  BJ11 Capacidade de integrarse nun equipo multidisciplinar para a análise experimental
  BJ12 Adquirir destreza para o desenvolvemento de software
  BJ13 Capacidade de análise estatística crítica das mostras, as formulacións e resultados
  BJ14 Redacción de informes estatísticos con precisión, orde e claridade
  BJ15 Representar un problema real mediante un modelizado estatístico axeitado
  BJ16 Deseñar un plan de observación ou recollida de datos que permita abordar o problema de interese.
TypeC Code  
  Job guided
  CJ1 Ser capaz de identificar un problema da vida real.
  CJ2 Dominar a terminoloxía científica-metodolóxica para comprender e interactuar con outros profesionais.
  CJ3 Habilidade para traballar os aspectos metodolóxicos da investigación en colaboración con outros colegas a través do Campus Virtual co foro.
  CJ4 Habilidade para realizar a análise estatística con ordenador.
  CJ5 Escoller o deseño máis axeitado para responder á pregunta de investigación.
  CJ6 Utilizar as técnicas estatísticas máis axeitadas para analizar os datos dunha investigación.
  CJ7 Planificar, analizar e interpretar os resultados dunha investigación considerando tanto os aspectos teóricos coma os metodolóxicos.
  CJ8 Habilidade de xestión administrativa do proceso dunha investigación.
  CJ9 Comunicación e difusión dos resultados das investigacións.
  CJ10 Lectura con xuízo crítico de artigos científicos dende unha perspectiva metodolóxica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes