Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
 Asignaturas
  Dirección de proxectos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Os alumnos desenvolverán unha práctica da que deberán presentar unha memoria e facer a presentación oral desta.

Valorarase o alcance, contido e xustificación das respostas presentadas.
40
Presentación oral Cada alumno de cada grupo de prácticas deberá defender unha parte desta.

Valorarase o coñecemento global da práctica e do contexto da aplicación plantexado na mesma, a defensa realizada, a iIntegración da súa parte no contexto global da mesma, a claridade do documento de presentación, e a capacidade de responder axeitadamente as cuestións plantexadas.
20
Proba obxectiva Trátase dun exame de conceptos básicos, sobre a base de preguntas curtas ou opcións de test. 30
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán unha práctica de análise e xestión de riscos. 10
 
Observacións avaliación

  • Os criterios de avaliación para os alumnos que non poidan asistir a clase por ter autorizada a asistencia parcial serán os mesmos pois os enunciados estarán publicados e o material de apoio utilizado nas clases tamén. Quérese sinalar non obstante a importancia da asistencia ás clases prácticas para a realización dos traballos.
  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
  • Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes