Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
 Asignaturas
  Informática como servizo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A5 A9 A10 B10 B14 B18 B19 C6 C7 C8 Ao final de cada sesión maxistral realizarase unha pequena proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados nesa sesión. 40
Prácticas a través de TIC A5 A10 B1 B13 B16 B17 B22 As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas co uso de clouds públicos (AWS e Azure), a programación de aplicacións Map/Reduce e o despregamento de clous privados con OpenStack. Haberá prácticas de realización obligatoria e prácticas voluntarias. 40
Traballos tutelados B5 B9 B21 B22 B23 B25 C6 Os traballos tutelados serán opcionais e sobre algún tema a convenir entre o alumno e o profesor. 20
Proba obxectiva A10 B1 B17 A proba obxectiva resérvase para aqueles alumnos que non poideran asistir ás sesións maxistrais. Consistirá en preguntas tipo test sobre os contidos tratados nesas sesións. O seu valor será o mesmo que o dos tests realizados nas sesións maxistrais (40% da nota total da materia). 0
 
Observacións avaliación

Co traballo obligatorio que ten que realizar o alumno (probas tipo test e prácticas obligatorias) pode conseguirse ata un 75% da nota total da materia. O 25% restante pode conseguirse realizando algunha das varias actividades voluntarias que se prantexan: prácticas de programación Map/Reduce, realización dun traballo tutelado e prácticas con OpenStack.

Para a segunda oportunidade (convocatoria de xullo) aplicaranse os mesmos criterios de avaliación. Os alumnos terán a posibilidade de realizar unha proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados nas sesións maxistrais e unha segunda data de entrega das prácticas e traballos tutelados.

Os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán seguir a materia sen problemas, xa que a realización das prácticas avaliables non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes