Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
 Asignaturas
  Deseño de sistemas de información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B3 Exame por escrito con 3 partes: preguntas teóricas curtas, preguntas máis prácticas na que os estudantes podan elaborar con máis detenimento as respostas ás cuestións prantexadas, e un problema real específico de deseño de software. 50
Obradoiro B21 C6 A avaliación das tarefas prácticas en obradoiros será continua ao longo do curso, e basearase nunha presentación final ao profesor. Consideraranse na avaliación os seguintes aspectos:
- Capacidade para traballar en grupo.
- Capacidade persoal para facer o traballo e explicalo.
- Capacidade para axustarse aos obxectivos das tarefas.
- Capacidade para aplicar coñecemento adquirido durante as clases teóricas.
- Pensamento crítico e capacidade para innovar e atopar solucións a problemas.
- Capacidade para entregar as tarefas a tempo.
50
 
Observacións avaliación
O resumo da distribución de pesos nas avaliacións é o seguinte:o 50% da nota derivará do exame escrito, e o outro 50% dun conxunto de traballos prácticos que serán realizados ao longo do curso. É necesario ter unha nota mínima de aprobado tanto no exame escrito como no conxunto de traballos prácticos.

Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial ou calquer circunstancia que impida a asistencia as clases, deberan contactar cos docentes para determinar alternativas ao seguimento e a avaliacion da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes