Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
 Asignaturas
  Emprendemento e Autoemprego
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A16 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B14 B15 B17 B19 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realizaranse pequenos traballos relacionados cos temas vistos en teoría, co obxectivo de consolidade conceptos fundamentais. 15
Sesión maxistral A16 B3 B4 B5 B7 B9 B10 B12 B24 B25 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Proporanse retos ou problemas ao estudante, que poderá comentar na clase. Valorarase a participación activa e a resposta a preguntas expostas polo profesorado. 15
Traballos tutelados B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B14 B15 B17 B19 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O alumnado elaborará de forma autónoma un documento sobre a creación dunha empresa ou proxecto innovador co fin de demostrar que adquiriu as competencias inherentes ao emprendemento. 70
 
Observacións avaliación

1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE

A nota final será a suma da nota chos traballos tutelados e das actividades de seguimento realizadas durante as sesións maxistrais e os seminarios.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE E OPORTUNIDADE ADIANTADA

As notas dos "traballos tutelados" e das actividades de seguimento realizadas durante as "sesións maxistrais" e os "seminarios" obtidas na primeira oportunidade, consérvanse para o resto de oportunidades dese curso.

Caso de non ter nota nalgún destes apartados, e querer optar a ela, o alumno debe contactar co coordinador da materia cunha antelación mínima de 30 días naturais antes da data do exame oficial.

A nota dos "traballos tutelados" poderá recuperarse mediante a realización e defensa dun novo traballo tutelado de carácter individual, cuxa temática debe ser acordada co coordinador da materia.

A nota de seguimento das "sesións maxistrais" e os "seminarios" obtidas na primeira oportunidade poderá recuperarse mediante a realización dunha proba escrita.

3. CONDICIÓN DE "NON PRESENTADO" 

Na primeira oportunidade consideraranse como "non presentados" aos alumnos que non presenten ningún traballo tutelado.

Na primeira oportunidade consideraranse como "non presentados" aos alumnos que non presenten ningún traballo tutelado nin se presenten á proba escrita.

4. ALUMNOS A TEMPO PARCIAL

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial. 

Os alumnos que cursen a materia a tempo parcial deben realizar as mesmas probas de avaliación que os alumnos que as cursen a tempo completo, coas seguintes consideracións: 

- En canto á realización do traballo tutelado, exímese ao alumno da necesidade de realizar o traballo en grupo, podendo realizalo individualmente, e, en caso de non poder presentar o traballo na clase por incompatibilidade no horario, o alumno poderá realizar a presentación ao profesor no horario convido por ambos.

O alumno deberá notificar ao coordinador da materia a súa condición de estudante a tempo parcial tan axiña como lle sexa recoñecida, para que o profesor poida realizar unha correcta planificación das actividades docentes.

5. COPIA E/OU PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, será penalizada de acordo co establecido no Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes