Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
 Asignaturas
  Traballo fin de máster
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Presentación oral e defensa ante un tribunal. A presentación debe plasmar de maneira resumida as características e a profundidade do trabajo realizado. No turno de preguntas debe demostrarse claridade e coñecimiento sobre as cuestiones planteadas polo tribunal. 30
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dun proxecto integral e orixinal de enxeñaría informática de naturaleza profesional. Os elementos a valorar son: - Orixinalidade, calidade e alcance do traballo presentado (40%) - Memoria (30%) 70
 
Observacións avaliación

Tal e como establece o apartado 6.1.4 no artigo 6.º da Normativa pola que se regulan as ensinanzas oficias do Grao e Máster Universitario na UDC, aprobada polo Consello de Goberno o día 27 de xuño de 2012, “o TFM pode ser defendido e avaliado unha vez que se tivera constancia fidedigna de que a/o estudante superou todos os créditos da titulación excepto os do TFM”.

Previamente á realización do TFM, é preciso a presentación dun anteproxecto polos medios establecidos a tal fin polo centro para a valoración por parte da Comisión Xestora dos TFM. Dito anteproxecto, tras ser valorado, deberá ser aprobado con posterioridade pola mencionada comisión.

O traballo, consistente nun proxecto orixinal e realizado individualmente por cada estudante, deberá estar realizado no ámbito das competencias, coñecementos, tecnoloxías e ferramentas específicas da titulación. Así, este deberá estar orientado á aplicación das competencias xerais asociadas ao título cun carácter profesionalizante.

Este traballo será avaliado pola comisión designada polo centro na data, lugar e hora tal como figura no regulamento de Traballos de Find e Máster para o Máster Universitario en Enxeñaría en Informática da Facultade de Informática da Coruña.

No caso da/o estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle tamén unha copia deste informe á persoa ou persoas que dirixiron o TFM.

A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFM levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC.

Plaxio: 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Igualdade: 

 Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) 

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes