Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)
 Subjects
  Information Systems Fundamentals
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Clases teóricas de aula, nas que se exporán os contidos fundamentais da materia no relativo á programación, fundamentos e deseño de bases de datos, e arquitecturas de sistemas de información.
Laboratory practice Nas clases de laboratorio expóñense os coñecementos necesarios para adquirir as habilidades propostas desde un punto de vista práctico. Indicaranse os aspectos básicos da programación en Python con exercicios que os/as estudantes poderán completar. Por outra banda, na parte relacionada coas bases de datos realizaranse casos prácticos de deseño conceptual, e revisaranse aspectos básicos de SQL relativos á definición e manexo de datos.
Case study O estudo de casos contempla a presentación dun problema concreto (caso) e deixarase tempo para que os/as estudantes poidan analizalo, reflexionen sobre os diferentes aspectos necesarios para tratar de resolvelo, e presenten unha solución. Finalmente plantexarase unha solución e abordaranse as diferentes solucións dos/os estudantes e os erros típicos que puidesen ter xurdido.
Supervised projects Realización de traballos e problemas que serán realizados de forma autónoma polos/as estudantes e que serán tutelados e finalmente avaliados por parte do profesor
Mixed objective/subjective test Exame da materia que combinará preguntas sobre a teoría con problemas a resolver.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes