Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)
 Asignaturas
  Fundamentos de Sistemas de Información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B1 C5 Entrega de Exercicios/programas durante as prácticas realizadas no laboratorio
20
Traballos tutelados B2 B3 B5 B6 C1 C3 C5 Entrega dunha práctica completa que incluirá, dado un problema concreto, a programación en python do/s programa/s necesario/s para dar unha solución ao problema plantexado. 40
Proba mixta B1 B2 B5 B6 Exame final no que se avaliarán conceptos teóricos e prácticos presentados ao longo do curso 40
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.
De
non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a
nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.


SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán
presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que
non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada
unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (50% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Proba
    escrita teórica e práctica (50% da nota final): para recuperar
    a nota dos estudos de casos e as sesións maxistrais.
  • Se un/unha
    estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes,
    conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Os/as
    estudantes con nota inferior a 2 nos traballos tutelados na primeira
    oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda
    oportunidade para aprobar a materia.
  • Para aprobar a materia é
    obligatorio obter unha nota mínima de 2,5 sobre 5 no traballo tutelado, e
    de 2,5 sobre 5 na proba mixta.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das dúas partes.


DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as
estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade,
demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e
práctico que valerá o 60% da nota e entregar os traballos tutelados (40%).
Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto
do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes