Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)
 Asignaturas
  Representación de Información Espacial
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B1 B2 B4 B8 B9 C2 C4 Avalizarase a correción das respostas do/a alumno/a. 40
Estudo de casos A1 B1 B2 B4 B8 B9 C2 C4 C5 Avaliarase a solución aplicada polos/as alumnos/as ao problema plantexado así como a interacción entre os membros do grupo. 10
Traballos tutelados A1 B1 B2 B4 B8 B9 C2 C4 C5 Avaliarase a calidade dos traballo realizados.
50
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a asignatura é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 2,5 (sobre 5) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (50% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Proba escrita teórica e práctica (50% da nota final): permite recuperar a nota dos estudos de casos.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2,5 sobre 5 no traballo tutelado, e de 2,5 sobre 5 na proba mixta.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 50% da nota e entregar os traballos tutelados. Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes