Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)
 Asignaturas
  Proxectos SIX
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 B1 B2 B4 B8 B10 C2 C4 C5 Avaliaranse a adecuación ás pautas marcadas, a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, e a entrega dos traballos no prazo establecido. Os traballos pódense repetir na segunda oportunidade. 60
Proba práctica A4 B1 B2 B4 B8 B10 C2 C4 C5 Constará dunha proba na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos durante as clases maxistrais e as prácticas. Esta proba pódese repetir na segunda oportunidade. 20
Proba oral A4 B1 B4 C5 Constará dunha defensa oral na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos durante os traballos tutelados. Esta proba pódese repetir na segunda oportunidade. 20
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a asignatura é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 2,5 (sobre 6) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 1 (sobre 2) na proba práctica.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 1 (sobre 2) na proba oral.

De
non obter a nota mínima nalgunha das probas ou nos traballos tutelados,
a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9 ainda que a
suma das partes o sexa.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba práctica.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán
presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que
non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada
unha das partes farase mediante a realización e presentación dos
entregables nas mesmas condicións que na primeira oportunidade

  • Se
    un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das
    partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Para
    aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2,5 sobre 6
    no traballo tutelado, e de 1 sobre 2 na proba práctica e na proba oral.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.

OPORTUNIDADE ADIANTADA:

A avaliación na oportunidade adiantada consistirá de dúas probas:

  • Proba
    práctica (50%), recollendo coñecementos e competencias adquiridos
    durante as sesións maxistrais, prácticas e traballo tutelado.
  • Proba
    oral (50%), onde o estudante deberá realizar unha exposición oral da probar práctica na que se contemplen
    todos os coñecementos e competencias adquiridos na materia.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica
que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes
durante as dúas primeiras semanas de clase para establecer as condicións
de entrega dos traballos tutelados.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes