Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)
 Asignaturas
  Desenvolvemento de Aplicacións SIX Móbiles
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A2 A3 B7 B8 C2 C4 Realizarase unha avaliación contínua do traballo realizado polo alumnado durante as prácticas, polo que a nota das probas deste apartado contabiliza tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. Non se repetirán estas probas na segunda oportunidade. 20
Traballos tutelados A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 Avaliaranse a adecuación ás pautas marcadas, a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, e a entrega do traballo no prazo establecido. O traballo pódese repetir na segunda oportunidade. 40
Proba mixta A2 A3 B4 B7 B8 C2 C3 C4 Constará dunha proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos durante as clases maxistrais e as prácticas. Esta proba pódese repetir na segunda oportunidade. 20
Proba oral A2 A3 B1 B4 B5 C3 Constará dunha proba oral na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos durante o traballo tutelado. Esta proba pódese repetir na segunda oportunidade. 20
 
Observacións avaliación

Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO o estudante que non realice a proba mixta nin o traballo tutelado.

Na segunda oportunidade pódese recuperar só a proba mixta, só o traballo tutelado, só a proba oral, ou calquera combinación de elas, de maneira que as notas das partes repetidas nesta oportunidade sustitúen sempre as da primeira. Terá cualificación de NON PRESENTADO o estudante que non recupere nin a proba mixta nin os traballos tutelados.

DISPENSA ACADÉMICA:

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 40% da nota, entregar o traballo tutelado e realizar a súa defensa oral.

OPORTUNIDADE ADIANTADA:

A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación, recollendo coñecementos e competencias adquiridos durante as sesións maxistrais, prácticas e traballo tutelado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes