Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Introdución á programación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento de prácticas no laboratorio. Esta actividade supoñerá o estudo de casos prácticos e exemplos ademais da realización de distintos exercicios de programación de entrega obrigatoria. A proposta de actividades estará dispoñible ao alumno con suficiente antelación. O labor do profesor será a supervisión das sesións, solucionando dúbidas e corrixindo erros de interpretación, malos hábitos de programación, erros de sintaxes, etc.
Solución de problemas Co fin de afianzar os conceptos teóricos presentaranse supostos prácticos, que nun principio serán resoltos polo profesor para que orienten os alumnos. A medida que se avance no desenvolvemento teórico formularase a resolución de problemas por parte dos alumnos, constituídos en grupos de traballo. Dita actividade, así como a discusión e participación activa en clase, valoraranse na nota final.

Poderanse formular exercicios adicionais que o alumno deberá resolver e comentar/corrixir co profesor durante as horas de titorías, colectivas e/ou individuais.
Proba mixta Avaliación sumativa do alumno mediante un exame escrito cunha parte teórica con distintos tipos de preguntas e unha parte práctica para resolver pequenos problemas de programación. A proba tratará de medir se o alumno adquiriu os conceptos fundamentais de programación e adestrouse o suficiente como para posuír as habilidades precisas para resolver supostos prácticos.
Sesión maxistral Actividade presencial para expoñer conceptos fundamentais da materia. Consistirá na exposición oral do profesor apoiada con medios multimedia. Durante a presentación tratarase de interactuar co alumno formulando preguntas dirixidas co fin de afianzar conceptos e facilitar a aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes