Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Introdución á programación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 B8 Valorarase a participación do alumno durante estas clases así como a realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso e que se resolverán nas titorías de grupos reducidos. 5
Prácticas de laboratorio A3 B8 C3 C6 Realización obrigatoria segun as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. Necesario aprobar as prácticas para superar a materia. 60
Proba mixta A3 Realización obrigatoria. Necesario aprobar o exame para superar a materia 35
 
Observacións avaliación

Traballos prácticos

- Soamente os alumnos con cualificación de NON APTO ou NON PRESENTADO en prácticas na primeira oportunidade poderán entregar os traballos de acordo ao enunciado práctico que se propoña para a segunda oportunidade.

- De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos traballos prácticos levará unha nota global de NON APTO, tanto ao estudante que presente material copiado como ao que o facilitara, e por tanto a cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual.

Primeira e segunda oportunidade

- As cualificacións obtidas en actividades como prácticas de laboratorio e solución de problemas serán válidas tan só para o curso académico no que se realicen. Manteranse para aqueles alumnos suspensos ou non presentados na primeira oportunidade. Só aqueles con prácticas SUSPENSAS terán a opción de realizar de novo as prácticas.

Matrícula a tempo parcial

- Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obrigación do estudante comunicar a súa situación ao profesorado.

Non presentado

- Terá a condición de ?Non presentado? (NP) quen non concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación.

Oportunidade adiantada de Decembro

- A avaliación da oportunidade adiantada basearase exclusivamente nunha proba escrita.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobadas polo Consello de Goberno da Universidade dá Coruña o 19 de diciembro de 2013.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes