Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Intelixencia computacional para bioinformática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A2 A3 A4 A6 B1 B2 B3 B6 C3 C6 Traballo en grupo de realización OBRIGATORIA que abordará cada un dos temas da materia. Realizarase en diversas fases ao longo do curso e supón unha avaliación completa e contínua sobre todos os aspectos teóricos e prácticos da materia. Inclúe tamén un seguimento de participación activa por parte do estudante.

As condicións e contido concreto detallaranse durante o curso.

Non se poderá aprobar a materia se se obtén unha puntuación inferior a 4 neste apartado.
99
Presentación oral B3 C1 C6 Periodicamente establécense sesións de presentación e discusión dos detalles do proxecto de investigación, os resultados obtidos e as conclusións extraídas.

É OBRIGATORIA para poder aprobar o proxecto de investigación e inflúe na cualificación final deste, pero non se puntúa á marxe da nota outorgada ao proxecto.

0
Proba obxectiva A2 A3 A4 A6 B2 C1 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe de todos ou algúns dos temas da materia.

Esta proba será OPTATIVA para os estudantes que obteñan unha nota do Proxecto de Investigación maior ou igual a 5. Seguindo a normativa académica o profesor poderá eximir da presentación ao exame a estes estudantes e a súa nota final será a do proxecto.

Esta proba será OBRIGATORIA para os estudantes que obteñan unha puntuación no intervalo [4,5) no proxecto de investigación.

En ambos os casos, a nota final será a media entre a cualificación desta proba e a do proxecto.

Os alumnos con nota no Proxecto superior a 9 que desexen optar a Matrícula de Honra deberán tamén realizar o exame. Neste caso, a nota do exame engadirase á nota do Proxecto. A cualificación final será o resultado de normalizar sobre 10
1
 
Observacións avaliación
OUTRAS NORMAS DE EVALUACIÓN DA ASIGNATURA

- A entrega das prácticas e a súa presentación nas datas e horarios indicados, así como a
asistencia ás clases de prácticas son obrigatorias para aprobar a
asignatura.

- A nota do proxecto de investigación para as dúas oportunidades do curso será a obtida na primeira oportunidade de Xuño. Non haberá entrega de proxectos para a segunda oportunidade de Xullo, excepto para os proxectos suspensos.

- Un alumno considerarase presentado nunha convocatoria se fai a entrega COMPLETA do proxecto.

- De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos
traballos prácticos levará unha nota global de SUSPENSO no Proxecto, tanto ao
estudante que presente material copiado como a quen o facilitase, e polo
tanto a cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual.

Matrícula a tempo parcial

- En caso de matrícula a tempo parcial elimínase a obrigatoriedade da asistencia ás clases de prácticas, pero non a entrega de traballos nin a asistencia ás presentacións orais dos mesmos nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao profesorado.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de
Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes