Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Intelixencia computacional para bioinformática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A3 A4 A6 B2 C3 Prácticas en grupo de realización OBRIGATORIA que abordarán cada un dos temas da materia.
Son OBRIGATORIAS para poder aprobar e inflúen na cualificación final do traballo tutelado, pero non se puntúan á marxe deste.
0
Traballos tutelados A2 A3 A4 A6 B1 B2 B3 B6 C3 C6 Traballo en grupo de realización OBRIGATORIA que abordará cada un dos temas da materia. Realizarase en diversas fases ao longo do curso e supón unha avaliación completa e continua sobre todos os aspectos teóricos e prácticos da materia. Inclúe tamén un seguimento de participación activa por parte do estudante.

Algún dos traballos podería plantexarse como de realización voluntaria e individual.

As condicións e contido concreto detallaranse durante o curso.

Dada a relación direita co contido das prácticas a nota deste apartado inclúe a avaliación das mesmas.
Non se poderá aprobar a materia se se obtén unha puntuación inferior a 5 neste apartado.
100
Presentación oral B3 C1 C6 Periodicamente establécense sesións de presentación e discusión dos detalles dos traballos tutelados (e as prácticas), os resultados obtidos e as conclusións extraídas.

É OBRIGATORIA para poder aprobar e inflúe na cualificación final do traballo tutelado, pero non se puntúa á marxe deste.

0
 
Observacións avaliación

OUTRAS NORMAS DE EVALUACIÓN DA ASIGNATURA

A asistencia regular ás clases prácticas, a entrega das mesmas e a súa presentación nas datas e horarios indicados, son condicións obrigatorias para aprobar a materia.
Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo
Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales como as prácticas, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas de autoría do mesmo.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.
Non presentado

Un alumno considerarase presentado nunha convocatoria se faientrega dalgunha das actividades de avaliación.

Avaliación na segunda oportunidade

Dado que a superación da materia se centra na superacióndos traballos tutelados, para a segunda oportunidade só será posible reentregare presentar os traballos que recibisen a cualificación de SUSPENSO ou NONPRESENTADO na primeira oportunidade, sempre de acordo ao enunciado que sepropoña a tal fin.

En canto aos criterios deavaliación, a segunda oportunidade estará sometida aos mesmos que a primeira.

Matrícula a tempo parcial

En caso de matrícula a tempo parcial elimínase a obrigatoriedade da asistencia ás clases de prácticas, pero non a entrega de traballos nin a asistencia ás presentacións orais dos mesmos nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao profesorado.

RECOMENDACIÓNS EN IGUALDADE DE XÉNERO

Segundo se recolle nas distintas normativa de aplicación para adocencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nestamateria, polo que os traballo entregados polo estudantado e o material preparado polo profesorado deben usar linguaxe non sexista.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes