Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Estruturas de datos e algoritmia para secuencias biolóxicas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estruturas de datos e algoritmia para secuencias biolóxicas Código 614522013
Titulación
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Ladra González, Susana
Correo electrónico
susana.ladra@udc.es
Profesorado
Ladra González, Susana
Silva Coira, Fernando
Correo electrónico
susana.ladra@udc.es
fernando.silva@udc.es
Web
Descrición xeral A materia introduce algoritmos e estruturas de datos conmunmente utilizados no ámbito da bioloxía computacional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Prácticas a través das TIC - Traballos tutelados - Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican - Proba mixta: en caso de non poder realizarse presencialmente, e substituirase por “Solución de problemas”) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. – Teams: Sesión telemáticas na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade para o avance da materia expositiva e práctica. Sesións telemáticas individuais ou en pequeno grupo para resolución de dúbidas da materia expositiva, práctica ou de traballos tutelados 4. Modificacións na avaliación Substitúese o 30% da proba mixta por "Solucións de problemas", que tamén contará cun peso dun 30% na evaluación. Constará da resolución de catro exercicios nos que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos durante as clases maxistrais. Os estudantes deberán entregar a solución dos exercicios propostos, tendo que defendelo de forma oral. *Observacións de avaliación: Non aplicarán os mínimos requeridos nas diferentes partes da avaliación. A nota final será a suma das obtidas en cada parte. PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non envíe ningunha proposta as tarefas de solución de problemas propostas. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma: • Prácticas (50%): os estudantes poderán repetir as prácticas propostas durante o curso nas mesmas condicións que na primeira oportunidade (as prácticas entregadas de forma tardía obterán un máximo de 80%). Así, en caso de repetir todas as prácticas, a nota máxima que pode obterse é de 4 puntos. • Traballos tutelados (20% da nota final): realización nas mesmas condicións que na primeira oportunidade, pero de forma individual. • Solución de problemas (30%): realización nas mesmas condicións que na primeira oportunidade. • En caso de non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservarase a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte. • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes