Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Intelixencia computacional para datos de alta dimensionalidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 A4 A6 B3 B6 C1 C3 Nota correspondente á parte práctica da materia que comprende os traballos entregados. 80
Proba mixta A2 A3 A4 A6 B1 B2 B3 B6 B7 C1 C3 C6 Realizarase unha proba con cuestións relativas tanto ás partes teóricas da materia como ós traballos entregados. 20
 
Observacións avaliación
O alumno deberá obter unha nota mínima de 4 sobre 10 puntos na proba obxectiva e unha nota mínima de 4 sobre 10 nos traballos tutelados. Se non se acada esta nota mínima nalgún dos dous ditos apartados, a nota da materia será a menor das dúas. Satisfeito este requisito, deberáse acadar unha nota de 5 ou superior no global da asignatura para superala.

Un/unha estudante considerarase presentado/a nunha convocatoria se fai a entrega dalgún dos traballos tutelados ou se se presenta á proba obxectiva.
 
O traballo entregado deberá ser orixinal do alumno. De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, a entrega de traballos non orixinais ou con partes duplicadas (sexa por copias entre compañeiros ou por obtención doutras fontes...) levará unha nota global de SUSPENSO na convocatoria correspondente, tanto para o/a estudante que presente material copiado como a quen o facilitase.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.

Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo. 
Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales como os traballos tutelados, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas de autoría do mesmo. 

Segunda oportunidade e convocatorias posteriores
Na segunda oportunidade, mantense á nota acadada nos traballos tutelados. Os alumnos que se presenten a esta segunda oportunidade deberán realizar a proba mixta. Opcionalmente, e só no caso de non ter presentado os traballos tutelados na primeira oportunidade ou de teren obtido estes a calificación de SUSPENSO (calificación menor que 5), poderánse presentar de novo os traballos tutelados na segunda oportunidade.

No caso de suspender la asignatura, os traballos tutelados con nota igual ou superior a 5 poderanse gardar para o curso posterior con calificación de aprobado (5) se o alumno/a así o desexa. Para cada traballo, o alumno terá a opción de entregar unha nova práctica que sustituiría a nota da anterior. Os traballos non se gardarán máis de un curso.

Matrícula con dispensa académica
No caso dos alumnos con matrícula con dispensa académica os traballos tutelados deberán entregarse nas datas establecidas. É responsabilidade destes/as estudantes poñer en coñecimento do profesor a súa circunstancia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes