Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Seguridade de Aplicacións
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Seguridade de Aplicacións Código 614530005
Titulación
Máster Universitario en Ciberseguridade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Bellas Permuy, Fernando
Correo electrónico
fernando.bellas@udc.es
Profesorado
Bellas Permuy, Fernando
Losada Perez, Jose
Correo electrónico
fernando.bellas@udc.es
jose.losada@udc.es
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral Desenvolver aplicacións seguras non é unha tarefa trivial. Coñecer as vulnerabilidades que habitualmente sofren as aplicacións, os mecanismos de autenticación, autorización e control de acceso, así como a incorporación da seguridade ó ciclo de vida de desenrolo, é esencial para poder construír e manter aplicacións seguras con éxito. En esta materia estúdanse de forma práctica todos estes aspectos, con especial énfase no desenvolvemento de aplicacións e servizos web.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Sen cambios. 2. Metodoloxías * Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral. Se algunha/algún estudante non pode asistir en persoa ás clases de teoría, ben por confinamento parcial ou por problemas de aforo, usarase o sistema de videoconferencia integrado cos sistemas de docencia online síncrona das universidades. En caso de que ocorra unha situación de confinamento que impida impartir as clases de teoría en persoa, impartiranse de maneira síncrona no horario oficial mediante os sistemas de docencia online síncrona das universidades e quedarán gravadas e accesibles. - Prácticas a través de TIC. De maneira xeral, empregarse a mesma solución que para as sesións maxistrais. Se as clases de laboratorio se teñen que impartir mediante os sistemas de docencia online das universidades, só quedarán gravadas as explicacións xerais do laboratorio, dado que é o único que ten sentido gravar. Polo demais, no hai cambios nos contidos das prácticas, dado que se fan no ordenador persoal da/do estudante, usando software dispoñible publicamente. - Proba de resposta múltiple. Se non é posible realizala en persoa, farase unha proba online. * Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Moodle. Tódolos recursos docentes (diapositivas, exemplos, enunciado da práctica, anuncios, etc.) estarán dispoñibles a través de Moodle. Se é preciso impartir as clases de teoría ou explicacións xerais de laboratorio online, os vídeos quedarán accesibles dende Moodle. - Sistemas de docencia online das universidades. Se é preciso usaranse para impartir as clases de teoría e laboratorio como se indica anteriormente. As titorías atenderanse preferentemente por estes mesmos medios. - Correo electrónico. Para atender a calquera consulta. 4. Modificacións na avaliación Sen cambios. *Observacións de avaliación: Sen cambios. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non é necesario realizar ningunha modificación. Tódolos recursos bibliográficos son sitios web públicos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes