Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Redes Seguras
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Nas que o estudante verá o funcionamento na práctica dalgún dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas, o alumno utilizará diferentes ferramentas (equipamento de rede, simuladores de rede, ferramentas de monitorización, etc.) propostas polos profesores, que lle van permitir afondar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos das redes seguras.
Ademais das prácticas básicas que todos os alumnos terán que facer, proporanse prácticas adicionais que os alumnos interesados poderán realizar de forma opcional.
Proba obxectiva Ao remate da exposición da materia, llevarase a cabo unha proba tipo test que permitirá valorar os coñecementos teóricos e habilidades prácticas conqueridas durante o desenvolvemento do curso..
Traballos tutelados Proposta de traballos para a resolución individual e non presencial por parte dos alumnos. Estes traballos serán opcionais e permitirán que os estudantes interesados en facelos poidan afondar en aspectos do temario que lles interesen especialmente e que non se puideran tratar con detalle suficient durante as sesións maxistrais.
Sesión maxistral Nas que se exporá o contido teórico do temario, incluíndo exemplos ilustrativos e con soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntes, copia das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar cada día en clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno.
As sesións maxistrais poderán ser complementadas coa realización de conferencias nas que acudirá algún experto externo para tratar algún tema con maior profundidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes