Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Test de Intrusión
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Prácticas de laboratorio.: Se guía ao alumno de forma individualizada no desenvolvemento de cada unha das prácticas de laboratorio. Aínda que no desenvolvemento da primeira práctica existen grandes diferenzas nas necesidades de cada alumno, progresivamente vanse homoxeneizando en canto ás súas necesidades de atención personalizada. Sen ningunha dúbida, a identificación deste parámetro é fundamental para determinar que a totalidade dos alumnos progresa durante o desenvolvemento da materia. Tamén faremos pequenos grupos de traballo conxunto en desenvolvementos prácticos.

Atención personalizada.: Toda cuestión tecnolóxica exposta polo alumno, en persoa, titorías, email., etc.

En caso de detección de plaxio en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

En todas as convocatorias (primeira oportunidade, segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria) realizarase unha avaliación única tanto na parte práctica como na teórica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes